bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 11
Job 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 12 →
1
E Sofar o namateo empezou a dicir:
2
—"Vai ficar sen resposta tal falabarato? Vai levar a razón o leriante?
3
Vai silenciar ós demais o teu latricar? Habíaste de mofar sen que ninguén se opoña?
4
Ti ben que dixeches: A miña doutrina é limpa, estou diante de ti coma home puro.
5
Mais oxalá Deus falase e abrise os seus labios contra ti!
6
Mostraríache os misterios da Sabedoría, pois ten moitos aspectos o saber; decataríaste entón de que xa tolleu parte da túa culpa.
7
Podes ti, por caso, dexergar o profundo de Deus? Poderaste achegar ata os confíns do Omnipotente?
8
É máis alto có ceo: que lle vas facer ti? Máis fondo có Xeol: que podes ti saber?
9
É máis longo cá terra; é máis ancho có mar.
10
Cando El pasa a conta, encadea e chama a xuízo, quen o disuadirá?
11
Coñece ben á xente falsa; olla a iniquidade sen que ninguén o albisque.
12
Pero o home tolo recobrará o seu siso cando o onagro montés naza desbravado!
13
Mais se ti entras en razón e estendes cara a El as túas mans,
14
se arredas o mal das túas palmas e non cobizas na túa tenda a ruindade,
15
poderás erguer a fronte sen chata, afincarte no chan sen ter medo.
16
Daquela esquecerías as túas mágoas; recordaríaste delas coma de auga pasada.
17
Coma o mediodía xurdiríache a vida e mesmo a tebra trocaríase en abrente.
18
Poderás entón afiuzar, porque existe esperanza, ollar ó teu arredor, e adormecer acougado,
19
pousarte sen que ninguén te espante; e haberá moitos que veñan gañar o teu favor.
20
Mais os ollos dos impíos devecen: perdéuselles o refuxio, quédalles coma esperanza soamente o expirar".
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42