bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 9
Job 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 10 →
1
Respondeu Xob:
2
—"Abofé, ben sei que é así; pois que dereito podería ter un home ante Deus?
3
Se se puxese a preitear con El, non lle sabería responder unha cousa entre mil.
4
Deus é de sabio entender e moi potente, quen, tras facerlle fronte, lle vai ficar parello?
5
El é quen abala os montes sen que se dean conta, pois conmóveos na súa carraxe;
6
quen remexe a terra no seu alicerce, e as súas columnas abanean.
7
Dálle unha orde ó sol, e xa non sae; encerra as estrelas baixo selo.
8
El só tende os ceos e camiña polo lombo do mar.
9
Fixo a Osa e o Orión as Pléiades e as Cámaras do Sur.
10
El fai cousas egrexias insondables, e milagres a non contar.
11
Se viñese onda min, non o vería; se pasase ó meu carón, non me decataría.
12
Cando El repaña, quen llo fai tornar? Quen lle vai dicir: Para que fas isto?.
13
Deus non ten ninguén por quen reter a súa ira. Debaixo del humíllanse os axudantes de Rahab.
14
Pero quen son eu para lle dar resposta e para escoller contra El as miñas razóns?
15
Aínda que estivese eu no certo, non se dignaría responder: Sería rogarllo ó meu acusador!
16
E se o citase a preito e respondese, non creo que escoitase os meus laios.
17
Asaltaríame coa treboada; amorearía sen motivo as miñas feridas;
18
Non me soltaría nin para coller folgos, enchería a miña alma de amargura.
19
Se é cousa de poder: El é o máis forte! Se é cuestión dun xuízo: quen o chama a dar testemuño?
20
Pois aínda que eu fose inocente, habíame condenar a súa boca; aínda que eu apareza coma honrado, habíame considerar perverso.
21
Son inocente! Que me importa xa da miña vida? A mesma existencia dáme noxo.
22
Que máis me ten! E por iso, eu afirmo: El destrúe do mesmo xeito ó inocente e ó culpable.
23
Cando unha desfeita súbita sementa mortes, búrlase El das mágoas dos coitados.
24
Deixa o país na man dos opresores, encobre o rostro dos xuíces. Se non é El, entón quen é?
25
Os meus días correron máis ca un mensaxeiro fuxiron de min sen probar a boa vida.
26
Esvararon coma gamelas de papiro, coma se lanza a aguia sobre a presa.
27
Se penso: Vou esquecer a miña teima, vou pór boa cara e animarme,
28
Amedóñanme tantas desfeitas; ben sei eu que non me declaras inocente.
29
E se fose culpable para que cansarme en balde?
30
Se me lavase con auga de xabón e limpase con lixivia as miñas mans,
31
debozaríasme na lama e daríame noxo o meu vestido.
32
Pois non é el un home coma min para dicirlle: Imos xuntos a xuízo;
33
non existe un árbitro entre nós, que pouse a súa man sobre entrambos.
34
Que aparte de min a súa aguillada e que o seu terror non me atenace!
35
Daquela falareille sen medo, pois non é recto o que fai comigo.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42