bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 28
Job 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 29 →
1
"Ten por certo a prata unha veta e o ouro ten lugar para ser refinado.
2
O ferro tírase da terra, e da pedra fundida sae o bronce.
3
Póñenlle un tope á tebra e pescúdano todo ata os confíns, ata as rochas máis mouras e máis sinistras.
4
Furan galerías lonxe dos casais, carreiros esquecidos polo pé; descenden pendurados, afástanse dos homes.
5
A terra da que saen os alimentos ferve no fondo coma lume;
6
eses penedos son as minas dos zafiros, neles atópanse as carabuñas do ouro.
7
O seu vieiro non o coñece o voitre nin o dexerga o ollo do falcón;
8
non o pisaron as máis altivas feras nin os leóns tripan nel.
9
O home bótalle a man ó seixo, desfai os montes desde as raíces,
10
nas rochas fende galerías co ollo atento para todo o de valía;
11
contén os mananciais dos regatos, tira á luz o escondido.
12
Pero a sabedoría onde se atopa? Onde ten o seu posto a intelixencia?
13
Non sabe o home da súa morada: non se atopa na terra dos viventes.
14
Di o océano: Non está en min, e di o mar: Non vai comigo.
15
Non se cambia por ouro, nin por ela se pon prata na pesa;
16
non se paga co ouro de Ofir, co ónice de prezo ou con zafiros.
17
Non a igualan nin o ouro nin o vidro, nin se troca por ánforas douradas;
18
non contan para ela corais e cristal da rocha, e un saquiño de sabedoría vale máis cás perlas;
19
non se emparella co crisólito de Etiopía, nin o ouro máis puro lle ten comparación.
20
De onde sae entón a sabedoría? Onde ten o seu posto a intelixencia?
21
Está encuberta para todo ollo vivo, acochada mesmo das aves do ceo.
22
A Perdición e a Morte afirman: Cos nosos oídos escoitamos algo da súa sona.
23
É Deus quen sabe do seu camiño e quen coñece o seu posto,
24
pois el dexerga ata os confíns do mundo e olla todo o que existe baixo o ceo.
25
Ao pórlle peso ó vento e ó controlar as augas,
26
ó darlle lei á chuvia e un carreiro ó lóstrego da treboada:
27
foi entón cando a viu e a calculou, estableceuna despois de pescudar nela.
28
E díxolle ó home: Fíxate: o temor do Señor é sabedoría, e arredarse do mal é intelixencia".
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42