bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 37
Job 37
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 38 →
1
Por iso o meu corazón treme e sáltame fóra do sitio.
2
Oíde o son da súa voz tronante, o balbordo que sae da súa boca!
3
Dispara o raio por embaixo do ceo e chega o lóstrego ata os confíns da terra;
4
tras del vén o bruar do trono retumbando coa alteza da súa voz; non se contén o lóstrego cando se empeza a oír a treboada.
5
Amósanos Deus as súas marabillas, fai prodixios que nós non comprendemos.
6
Dille á neve: Cae no chan! ó orballo e á chuvia: Sede fortes!
7
Encerra os homes todos coma nun curro, para que a humanidade coñeza os seus feitos.
8
As feras foxen para os seus recunchos, acochábanse nos seus cubís;
9
sae a galerna da súa alcoba e a xeada dos seus piornos;
10
co sopro divino fórmase o xeo e calla todo ó longo das augas;
11
Tamén é El quen lles dá humidade ás nubes e fai xurdir o raio dos nubeiros,
12
que se moven arredor e van e veñen segundo os goberne, cumprindo todos os seus mandatos sobre a face do orbe:
13
sexa para castigar coa vara, sexa para favorecer, eles sempre dan no fito.
14
Escoita todo isto, Xob, ponte en pé e pescuda as marabillas de Deus!
15
Entendes ti como dispón Deus deles todos e como fai brillar os lóstregos no nubeiro?
16
Que sabes ti do cimbrarse das nubes, marabilla dunha ciencia insondable?
17
Ti, a quen xa queima o vestido, cando a terra adormece baixo o vento do sur.
18
Tendiches ti con El a cúpula celeste, impenetrable coma un espello fundido?
19
Aconséllanos ti o que lle teñamos que dicir! Non atopamos razóns na nosa ignorancia.
20
Coidas que o informarán, se eu lle quero falar; que llo comunican cando un home di algo?
21
Se xa agora non hai quen mire o sol cando resplandece no ceo ó pasar o vento e varrelo!
22
Do norte vén un resplandor dourado, a tremenda maxestade arredor de Deus!
23
Nós non alcanzamos ó Omnipotente, que é sublime en poder e dereito e non destrúe a súa Orde grandiosa!
24
Por iso tremen ante El todos os humanos e non ten en conta ós que se cren sabios".
← Chapter 36
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 38 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42