bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 34
Job 34
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 35 →
1
Seguía falando Elihú e dixo:
2
—"Sabios, escoitade as miñas verbas, dádeme oídos os que moito sabedes!
3
Igual que a orella pode distinguir palabras e o padal saborea o que come,
4
podemos nós probar o que é dereito recoñecer por nós o que sexa bo.
5
Foi Xob mesmo quen dixo: Son inocente, é Deus quen cambia o meu dereito;
6
Aínda que teño a razón, paso por trouleiro; vou ferido de frecha sen culpa da miña parte.
7
Que home hai coma Xob que beba o escarnio coma auga,
8
sempre de camiño para a xuntanza dos malfeitores, sempre na rúa a carón dos malvados?
9
Di para si: Non trae vantaxe ningunha o darlle gusto a Deus.
10
Por iso, vós, asisados, oíde: lonxe de Deus o ser culpable, lonxe do Omnipotente o obrar inxusto,
11
xa que conforme fai o home así paga, e segundo a súa conduta retribúeo.
12
Abofé que Deus non pode obrar o mal e que o Omnipotente non torcerá o dereito.
13
Quen lle encomendou a El a terra e quen lle decretou o cargo do universo?
14
Con só que El decidise retirar o seu espírito e o seu alento,
15
Afogarían todos os viventes e o ser humano volvería ó po.
16
Se tes entendemento, escoita isto, presta atención ó son das miñas verbas:
17
Podería gobernar quen refuga o dereito? Condenarías ti a quen é xusto e poderoso?
18
Chamarías ti badoco ó rei e diríaslles ós nobres criminais?
19
A El, que cos principais non ten favoritismo, que non se pon da parte do podente contra o pobre, pois todos eles son obra das súas mans.
20
Morren de súpeto á media noite, expiran os podentes e pasan; o forte cede o posto sen que o toque ningunha man.
21
Pois os seus ollos dexergan os vieiros humanos albiscando todos os seus pasos;
22
non hai sombra nin tebras onde os malfeitores poidan acochar,
23
xa que Deus non lle dá ó home un prazo para vir onda El a xuízo.
24
Desfai os violentos sen máis enquisas e no seu posto dálles o cargo a outros,
25
porque pescuda todos os seus feitos trastornándoos de noite ata os esnaquizar;
26
malla neles como se estivesen presos, onde todos os vexan,
27
por deixaren de seguilo e por non matinaren nos seus camiños,
28
facendo chegar a El os salaios dos pobres, facéndolle escoitar os choros dos oprimidos.
29
E se El fica inmóbil, quen o moverá? e cando esconde a face, quen o contemplará, a El que vela sobre as nacións e os homes
30
para que non reine o inicuo nin lle poña trampas ó pobo?
31
Terá Deus que dicirche: Errei, mais non tornarei facer o mal;
32
non vin o que facía, ensíname ti; e se obrei o mal, non o repetirei?
33
Ha de retribuír El coma ti pensas cando condenas, xa que es ti quen decide e non eu? Fala, se tanto sabes!
34
Mais homes asisados hanme responder xunto cos sabios que me escoiten:
35
Xob está a falar do que non sabe e as súas razóns van sen xeito.
36
Deberá ser probado Xob ata o remate por contestar como fan os impíos,
37
pois engade outra culpa ó seu pecado e aínda fai festas diante de nós multiplicando verbas contra Deus".
← Chapter 33
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 35 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42