bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 13
Job 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 14 →
1
Todo iso xa o viron os meus ollos, escoitárono os meus oídos, e caín ben na conta.
2
O que saibades vós, tamén o sei eu, que en nada vos son menos.
3
Pero quen me dese falarlle ó Omnipotente! O que eu arelo é discutir con El.
4
Vós sodes, abofé, uns cuspe—trolas falaces menciñeiros todos vós.
5
Quen me dese que caledes dunha vez: vindo de vós, sería gran sabedoría!
6
Oíde, por favor, o meu agravio! Entendede a disputa dos meus labios!
7
Ides defender a Deus con falsidades, pronunciándovos no seu favor con engano?
8
Ides darlle vantaxe ou tomar partido ó seu favor?
9
Sentaríavos ben que El vos sondase? Coidades de entrampalo, como se fai cos homes?
10
Por certo que vos había zorregar, se o queredes favorecer ás agachadas!
11
Non vos arrepía a súa maxestade? Non cae o seu medo sobre vós?
12
Os vosos ditos son refráns borrallentos, e as vosas defensas, escudos de arxila.
13
Estádeme calados! Vou falar eu, e que sexa o que queira!
14
Collerei cos meus dentes a miña carne e levarei nas mans a miña vida.
15
Aínda que me dese a morte, xa tería esperanza con tal de defender na súa cara o meu obrar.
16
Iso xa sería para min unha vitoria, pois El non deixa ó impío comparecerlle diante.
17
Escoitádeme atentos esta razón, que a miña declaración chegue ós vosos oídos!
18
Teño ben preparada a miña defensa, pois estou certo de ser o inocente.
19
Quen é o que quere preitear comigo? Pois calar agora sería morrer.
20
Soamente non me fagas dúas cousas, e entón xa non me esconderei de ti.
21
Aparta de min a túa opresión, e que tampouco o teu terror non me espante!
22
Inquíreme despois, e responderei! E, se non, podo eu expoñer, e ti replicas.
23
Cantas son as miñas culpas e pecados? Móstrame ti as miñas faltas e os meus erros!
24
Por que ocultas o rostro e me tes por inimigo?
25
Teimas en amedrentar unha folla que foxe? Vaste pór a perseguir unha palla seca?
26
Pois anotas na miña conta rebelións, fasme levar as chatas da miña mocidade,
27
átasme os pés no cepo e estasme a vixiar cada vieiro, debuxando as marcas dos meus pasos.
28
Bótase a perder coma cousa podre, coma a roupa comesta pola traza.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42