bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 41
Job 41
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 40
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 42 →
1
O que del se fía engánase, xa dunha ollada queda un derrubado;
2
ninguén hai tan cruel cando o encirran; quen lle fará fronte?
3
Quen bateu con el, e saíu salvo? Nin o primeiro baixo o ceo!
4
Ninguén acalará o seu poder nin a forza vital que é a súa defensa.
5
Quen lle abriu o seu manto exterior ou traspasou a súa dobre coiraza?
6
Quen espalancou as portas dos seus beizos rodeadas de dentes estarrecedores?
7
O seu lombo ten ringleiras de placas seladas con remaches de pedernal,
8
unha a unha encaixadas; nin o aire pasa por entre elas,
9
Apéganse as unhas ás outras, tan trabadas que non se poden separar.
10
O seu esbirro solta faíscas de lume, os seus ollos son coma as pálpebras do abrente.
11
Do fociño sáltanlle muxicas, xorden faíscas de lume;
12
do seu nariz sae fume coma dun crisol aceso e fervente;
13
o seu bafo consome brasas, chóutanlle labaradas do fociño.
14
A forza resídelle no pescozo; diante del baila o medo;
15
ten carnes ben trabadas, fundidas nel, e non remexen.
16
O corazón é sólido coma un croio, dunha peza, coma pedra de moer.
17
Cando el se ergue, tremen os fortes, devalan coma a marea.
18
A espada do que o atope non resistirá, nin lanza, nin dardo, nin frecha,
19
pois para el o ferro é palla e o bronce, madeira podre.
20
Non o axota unha frecha, e as pedras da fonda son para el coma lixos.
21
Para el a maza é estopa, e rise do asubío da azagaia.
22
O seu ventre son tellas afiadas que coma grade de ferro fan regueiros na lama.
23
Fai ferver coma un pote os fondos, deixa o mar coma un botafumeiro;
24
tras el fai lucir un ronsel, e imaxinas que o mar ten unha cabeleira branca.
25
Non hai no mundo quen se lle semelle, alguén coma el, creado sen medo de nada.
26
Fai fronte a canto haxa de elevado; el é o rei de todas as feras".
← Chapter 40
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 42 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42