bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 12
Job 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 13 →
1
E Xob respondeulle:
2
—"Vós si que sodes xente! Convosco vai morrer a Sabedoría!
3
Tamén eu teño siso coma vós; non vos son menos. Quen non sabe todo isto?
4
Mais vin ser a burla do veciño, eu, un que chamaba a Deus e El me escoitaba, o xusto e íntegro, son motivo de escarnio.
5
Sobre o caído, aldraxes —pensa o que está seguro—; dándolles o que lles convén ós de pé vacilante.
6
Pero, mentres, as tendas dos ladróns están en paz e teñen seguridade os que alporizan a Deus, os que levan o seu Deus na man.
7
Inquire logo ás bestas, e elas ensinaranche; e ás aves do ceo, que cho han contar;
8
ou ós bechos do chan, e daranche leccións; hante informar mesmo os peixes do mar!
9
Quen non sabe destes seres que foi a man de Deus quen os fixo?
10
Pois na súa man está a alma de canto vive e o espírito do corpo de cadaquén.
11
Non é o oído o que distingue as palabras? Non é o padal o que saborea a comida?
12
Non anda entre os vellos o saber e o entendemento por entre os anciáns?
13
Pois El ten a Sabedoría e o Poder, ten o Consello e mais a Intelixencia!
14
Se El bota abaixo, non hai quen constrúa; se pecha, non hai quen abra.
15
Se contén as chuvias, sécase todo; pero déixaas ir, e revolven a agra.
16
Ten El a forza e mais o éxito, son seus o enganado e o que engana.
17
El é quen fai tolear ós ministros, volve parvos ós gobernadores,
18
solta as insignias dos reis e cínguelles os lombos cunha corda;
19
fai correr nus ós sacerdotes, trabuca ós aristócratas,
20
deixa sen fala os especialistas, quítalles o bo senso ós anciáns,
21
verte a vergonza sobre os nobres e afrouxa o cinto dos valentes.
22
Descobre cousas máis fondas cás tebras e fai xurdir a luz da sombra máis escura.
23
Fai grandes ós pobos ou estrágaos; fai que as nacións prosperen ou desaparezan.
24
Tíralles a razón ós xefes e extravíaos por estepas sen vieiros;
25
van atoutiñando nas tebras sen luz a fainos andar ás toas coma bébedos.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42