bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 31
Job 31
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 32 →
1
Cos meus ollos fixen trato de non andar fitando as mozas.
2
Que sorte garda Deus desde o alto? Cal é a herdanza do Omnipotente desde as alturas?
3
Non é se cadra a desgraza para os inicuos e a perdición para quen fai ruindade?
4
Non está El a albiscar os meus camiños, levando a conta das miñas pegadas?
5
Se levo eu unha conduta va e se me van os pés tralo engano,
6
péseme Deus nunha balanza xusta, e saberá da miña integridade!
7
Se os meus pasos se afastan do camiño e a miña arela se me vai tras dos ollos, ou se me apega algún lixo ás mans,
8
se sementei, que outro detrás o coma! que arrinquen de raíz os meus xermolos!
9
Se o meu corazón se enreda cunha muller ata axexar na porta dun amigo,
10
que moia a miña muller para outro e se deiten os alleos con ela!
11
Pois facer tal sería unha infamia e un delito para levar ó xulgado,
12
un lume que roe ata a perdición e que había consumir todo o meu haber.
13
Se neguei o dereito do meu servo ou da miña criada ó rifaren comigo,
14
que vou facer cando se erga Deus? que lle hei responder cando me pregunte?
15
Quen me fixo no ventre, non o fixo tamén a el? Non formou no seo a entrambos do mesmo xeito?
16
Se lle neguei ó pobre o seu degoiro e deixei que se consumisen os ollos das viúvas;
17
se comín o meu pan gardándome dos outros e o orfo non puido morder nel,
18
—por certo que desde a mocidade o criei coma un pai e o conducín desde a miña infancia—;
19
se ollei alguén esmorecido sen roupa, a algún pobriño sen cobertor,
20
e non me bendiciron os seus lombos cando os quecín coa lá dos meus cordeiros;
21
se alcei a miña man contra un xusto por ver amigos meus no tribunal,
22
que das costas se esgace o meu ombreiro!, que caia o brazo do meu cóbado!
23
Pois había vir o terror de Deus sobre min, e non resistiría a súa maxestade.
24
Endexamais non puxen no ouro a esperanza nin chamei ós lingotes: O meu creto.
25
Non me alegrei por ter moita facenda nin de que fose de peso o meu prestixio.
26
Nunca fitei para o sol no seu cénit, nin para a lúa cando camiña esplendorosa;
27
non cedín á tentación de os adorar botándolles bicos coa man.
28
(Ese é tamén un crime procesable, pois é renegar do Deus de arriba).
29
Non gocei da desfeita dun inimigo, nin relouquei cando o mal o alcanzou,
30
e non deixei pecar a miña boca pedindo contra el a maldición.
31
Ben poden dicir os do meu campamento: Onde hai un que non se fartase da súa carne?
32
O forasteiro xamais pasou a noite fóra, e ó camiñante abrinlle a miña porta.
33
Non encubrín dos homes o meu erro acochando no peto a miña culpa,
34
por non lle ter medo ó xentío; nin por temer a aldraxe do meu clan, calei e non saín á porta.
35
Quen me dera que me escoitase alguén! Velaquí a miña sinatura! Responda o Omnipotente! Que o meu opoñente subscriba o documento!
36
Abofé que habería de levalo no ombreiro e cinguilo coma unha diadema,
37
pois podo darlle conta de todos os meus pasos. Entón achegaríame ata El coma un príncipe!
38
Se a miña agra berra contra min e se choran con ela os seus sucos,
39
se consumín, sen pagar, o seu produto tolléndolles o alento ós parceiros,
40
que no sitio de trigo nazan toxos, e no lugar da cebada crezan xestas!" Aquí rematan as razóns de Xob.
← Chapter 30
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 32 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42