bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 8
Job 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 9 →
1
Pola súa parte díxolle Bildad o xuhíta.
2
—"Ata cando falarás deste xeito e van ser as túas razóns un vento arroutado?
3
Ia Deus torcer o dereito? Pode o Omnipotente virar a xustiza?
4
Se os teus fillos pecaron contra El, xa os deixou na man do seu crime.
5
Mais se ti voltas cedo a Deus e se lle rogas mercé ó Omnipotente,
6
se estás limpo e es xusto, velará El sobre ti, restaurará o casal ó que tes dereito.
7
Daquela os teus comezos semellarán pequenos e o teu futuro medrará abondo.
8
E se non, inquíreo dos devanceiros e procura no que dexergaron seus pais;
9
pois nós somos de onte e non sabemos e os nosos días son coma a sombra no chan.
10
Pero eles ensinaranche e contaranche, farán xurdir da súa sabenza as palabras.
11
Xermola o papiro fóra do lameiro? Medra o vimbio sen auga?
12
Aínda en gromo e sen cortar, antes doutras herbas esmorece.
13
Tal é o vieiro dos que esquecen a Deus tal se perde a esperanza dun malvado.
14
A súa confianza está posta no po e a súa esperanza nun fío de araña.
15
Afíncase na súa casa, e non se ten en pé; aférrase nela, e non se mantén.
16
Móstrase cheo de zume cara ó sol, bota bacelos polo seu horto;
17
enreda as raigañas polas pedras, apóiase nas rochas.
18
Pero se o arrincan do seu posto, este renega del dicindo: Non o vin xamais.
19
Tal é o remate do seu ledo camiño, e outra planta vén xermolar na terra.
20
De xeito que Deus non refuga o íntegro, como non aferra tampouco a man dos impíos.
21
Pode El aínda encher os teus beizos de sorriso e os teus labios de aturuxos.
22
Daquela irán os teus inimigos cubertos de vergonza; ollas cara a tenda dos impíos, e esta esvaeceu".
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42