bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 39
Job 39
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 40 →
1
Sabes ti cando pare a cabra montesa? Puideches observar a cerva nas súas dores?
2
Contácheslles os meses de preñez? Sabes cando lles vén o intre do parto?
3
Dóbranse, dan saída ós seus fillos e libéranse das crías.
4
Os pequenos collen forzas e medran, foxen e xa non volven.
5
Quen deixou ceibe ó asno salvaxe, quen lle soltou as cinchas ó onagro,
6
A quen lle dei por eido a estepa por morada as chairas salitrosas?
7
Rise do xentío da cidade, non ten que oír os berros do arrieiro;
8
esculca os montes á procura do pasto, procura o verde onde queira que estea.
9
Vaite querer servir o touro bravo? Pasará a noite no teu cortello?
10
Manteralo da corda no teu suco? Vai el arar as eiras tras de ti?
11
Fíaste del porque ten moita forza e descargas nel o teu traballo?
12
Confías en que torne para recoller o gran da túa eira?
13
As ás da avestruz baten á présa, aínda que non teñan plumas coma a cegoña,
14
cando deixa polo chan os ovos a quecer entre o po
15
e non coida que un pé os pode esmagar ou tripar neles unha fera salvaxe.
16
É cruel cos seus fillos, como se non fosen dela, non lle importa ter sufrido de balde,
17
xa que Deus lle tolleu a Sabedoría e non lle deu parte na intelixencia.
18
Mais cando ergue o voo, burla a cabalo e cabaleiro.
19
Dáslle ti o brío ó cabalo? Revísteslle de crinas o pescozo?
20
Ensínaslle a saltar coma a lagosta? O seu bufido fachendoso é abraiante!
21
Dá patadas de ledicia no chan e lánzase ó encontro das coirazas;
22
rise do medo, e ninguén o aterra, non dá volta ante a espada;
23
por riba del sona a alxaba, a punta da lanza e mais o alfanxe;
24
cun tremer de estrondo corre a terra, non se detén por máis que soe a trompa;
25
cando escoita o clarín responde: ea! de lonxe venta a loita, o bruar dos xefes e o grito de guerra.
26
Es ti quen lle ensina a voar ó falcón, tendendo as ás no vento do Sur?
27
Remonta a aguia por orde túa, e coloca elevado o seu niño?
28
Nas rochas vive e fai a morada, nos curutos das penas ten a súa atalaia;
29
desde alí axexa a presa, os seus ollos pescudan desde lonxe;
30
As súas crías arelan zugar o sangue, e onde haxa cadáveres, alí está".
← Chapter 38
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 40 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42