bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 33
Job 33
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 34 →
1
Pois ben, escoita, Xob, as miñas razóns atende os meus discursos.
2
Fíxate, estou a abrir a miña boca, o que vai dicir a lingua xa está no meu padal:
3
sonche palabras sabias dun corazón sincero, o que os meus labios falen será enxebre e verdade.
4
Fíxome o alento de Deus e deume vida o sopro do Omnipotente.
5
Se é que podes, respóndeme; prepárate, ponte de pé diante de min:
6
Velaí, para Deus son eu tanto coma ti, tamén eu fun formado da lama.
7
Non te vou arrepiar co meu tremor, non premerá sobre ti o meu peso,
8
pero ti dixeches ante os meus oídos, e eu percibín, este son das túas verbas:
9
Estou limpo e sen delito, son inocente e non teño pecado,
10
mais El procura motivos contra min e cóntame entre os seus inimigos,
11
méteme os pés no cepo, espía todos os meus vieiros.
12
Niso non levas razóns: respóndoche eu, que Deus é meirande có home.
13
Como é que lle fas tal acusación: non respondeu nin a unha das miñas razóns?
14
Deus fala de xeitos moi diversos, só que un non se decata.
15
Nos soños, na visión nocturna, cando cae o sopor sobre os homes ó durmiren no seu leito,
16
Abre entón El os oídos humanos e amedréntaos coa súa represión
17
para afastalos dos seus feitos malos, e preservalos da soberbia humana,
18
Aforrándolles que vaian dar na cova e que as súas ánimas atravesen a Canle da morte.
19
E tamén os corrixe coas dores no leito, cunha agonía dos ósos, que non cesa;
20
nos seus antollos o xantar dálles noxo, a súa boca refuga as lambetadas;
21
mírranselles as carnes ata desaparecer, vénselles os ósos que antes non se vían;
22
A alma achégaselles á cova, a súa vida ós mensaxeiros da morte;
23
mais se encontra algún anxo ó seu carón, un mediador, un de entre os Mil, dos que lle din ó home a súa obriga,
24
terá piedade del e dirá: déixao ceibe, e que non baixe á cova, pois teño eu disposto o seu rescate.
25
Daquela medrará en xuventude o seu corpo e tornarase coma nos seus días mozos,
26
cando lle rogue a Deus, halle ser propicio, verá o seu rostro entre aturuxos, mentres lle anuncia ó home a súa saúde.
27
Cantará diante da xente e dirá: É certo que pequei e torcín o dereito, pero Deus non me deu o merecido;
28
salvoume cando ía dar na cova, e a miña vida viu a luz.
29
Este é o xeito de como actúa Deus unha e outra vez para co home,
30
facéndolle saír a alma da tumba e iluminándoo coa luz da vida.
31
Atende, Xob, e escóitame, fica calado mentres eu che falo;
32
se tes algo que responder, dío, pois gustaríame darche a razón.
33
Pero se non tes, escóitame; cala, e heiche ensinar sabedoría".
← Chapter 32
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 34 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42