bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 4
Job 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 5 →
1
Respondeu Elifaz o temanita:
2
—"Se un se atreve a falarche, aturaríalo? Mais quen pode xa frear as palabras!
3
Velaí, ti que ensinaches a moitos e reforzaches tantos brazos febles,
4
que erguiches coas túas palabras ós caídos, e sostiñas os xeonllos que amolecían,
5
cando che chega a ti, xa non o sofres; tócache a ti, e túrbaste.
6
Non é entón a piedade a túa fianza e a túa esperanza o teu vivir honrado?
7
Fai memoria: quen sendo inocente morreu? Onde se viu que perecesen os xustos?
8
O que eu vexo é que os que labran malicias e os que sementan coitas, tamén as collen:
9
co sopro de Deus logo esmorecen, coa treboada da súa ira consómense.
10
Urra o león e brada a cría, os dentes dos cachorros son quebrados.
11
Morre o león sen atopar presa e esparéxense as crías da leoa.
12
Chegoume ás agachadas unha verba, percibiu o meu oído o seu murmurio,
13
nun pesadelo, nas visións noitébregas, cando cae o sopor sobre os homes.
14
Achegáronseme o pavor e o temor, treméronme de medo os ósos todos.
15
Un espírito pasou diante de min; arrepiáronseme na pel os pelos.
16
Estaba alí —eu non o coñecía— unha figura diante dos meus ollos; fíxose a calma; entón oín a voz:
17
Terá un home máis razón ca Deus? Será máis puro o humano ca quen o fixo?
18
Se aínda dos seus servos El non fía e atopa erros mesmo nos seus anxos,
19
canto máis nos que moran en casopas de lama e que teñen no po os seus fundamentos, que se poden esmagar coma a traza!
20
Entre a mañá e a noite esmáganos, morren para sempre sen se decataren;
21
Arríncanlles tamén as cordas da tenda; perecen sen saberen como!
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42