bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 6
Job 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 7 →
1
Resposta de Xob:
2
—"Oxalá que se pesase a miña dor e se amoreasen as miñas mágoas na balanza!
3
Pesarían máis cás areas dos mares: por iso desvaría a miña lingua.
4
Pois levo en min as frechas do Poderoso e o meu ánimo bebe o seu veleno. Érguense contra min os terrores de Deus.
5
Ponse o burro a ornear cando ten herba? Ou brúa o boi diante do seu penso?
6
Quen xantará sen sal o manxar insulso? E que gusto ten o zume dunha herba?
7
Repúgnalle á miña gorxa nin sequera tocala pois é para min coma un xantar impuro.
8
Oh se chegase a porto a miña demanda e o Señor concedese aquilo no que espero!
9
Decídase por fin Deus a esnaquizarme, retire a man e tronce xa o meu fío!
10
Iso sería para min un consolo; reloucaría ledo a pesar desta dor sen piedade, pois non tería eu renegado das palabras do Santo.
11
Que forzas teño xa para me soster? Cal será o meu remate, para eu ter folgos?
12
Teño por caso a dureza dos penedos? Son de bronce as miñas carnes?
13
Nada hai en min que me poida axudar cando é a mesma sorte a que me foxe.
14
Un home non lle nega a boa lei ó seu amigo nin refuga o temor do Omnipotente!
15
Mais os meus irmáns traizoáronme coma a enxurrada, coma os regueiros cando rebordan a canle,
16
baixando revoltos coa xeada cando neles se fundiu a neve;
17
pero que desaparecen no tempo da seca, e en canto chega a calor, enxoito queda o seu leito.
18
Torcen as caravanas a súa rota, pérdense no deserto e perecen;
19
As caravanas de Temán procúranos, contan con eles os beduínos de Sabá;
20
confundidos pola longa espera chegan alí, e atópanse enganados.
21
Deste xeito fostes vós para min, ollastes o espanto e deuvos medo.
22
Pedinvos eu que me deades nada ou que paguedes suborno do voso peculio,
23
ou que me libredes do meu inimigo, ou me rescatedes da forza dos tiranos?
24
Ensinádeme vós, e eu calarei! Aclarádeme no que ande errado!
25
Como non aceptar un discurso sincero? Pero que valor pode ter unha corrección da vosa boca?
26
Estades aparellando verbas para aldraxar? Non contan as razóns dun home sen esperanza?
27
Vós sodes capaces de botar sortes por un orfo e mesmo de relear por un veciño!
28
Agora estade quedos e escoitádeme: Xuro que non vos estou mentindo na cara!
29
Deixade a teima, non suceda outra desgraza! Abonda xa, que aínda está en xogo o meu dereito!
30
Hai mala lei na miña lingua? Non distingue as razóns o meu padal?
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42