bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 38
Job 38
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 39 →
1
Entón respondeulle Iavé desde o trebón:
2
—"Quen é este que escurece o meu plan cunha leria sen tino?
3
Cingue os lombos coma un home! Vouche preguntar para que ti me ensines:
4
Onde estabas cando fundei a terra? Dimo, se tes tanto siso!
5
Quen lle deu as proporcións, se é que o sabes? ou quen lle tendeu por riba a corda de medir?
6
Onde afincan os seus alicerces? Quen colocou a súa pedra angular
7
entre o choutar dos luceiros do abrente e os aturuxos dos seres celestes?
8
Quen pechou os portóns do mar ó xurdir debruzándose do seo materno,
9
cando lle impuxen coma embozo as brétemas e o envolvín en néboas coma panos?
10
Daquela marqueille os límites e asegureille os ferrollos e as portas,
11
e díxenlle: Ata aquí has chegar e non pasar. Aquí han rematar as túas altas ondas.
12
Cando, na túa vida, mandaches no abrente ou lle fixeches saber o seu lugar á aurora,
13
para que aferrase a terra polas abas e sacudise dela ós malvados,
14
para que tome forma coma a arxila baixo o selo e se tinga de cor coma a roupa;
15
para que se lles negue ós impíos a luz e se lle rompa o brazo ó malvado?
16
Teste achegado ós mananciais do mar? Paseácheste pola canle do océano?
17
Descubríronseche os cancelos da morte? Ollaches os portóns das tebras?
18
Pescudaches ti as longuras da terra? Cóntamo se é que o sabes todo!
19
Cal é o camiño onde mora a luz e onde habita a tebra,
20
para que as poidas levar ata os seus eidos, coñecendo os vieiros do seu casal?
21
Tal debes ti saber, pois xa para entón naceras e a cifra dos teus anos son milleiros!
22
Achegácheste ós celeiros da neve, axexaches nos piornos da sarabia,
23
que eu conservo para o tempo da aflición e para o día da loita e da guerra?
24
Onde é o lugar no que se parte o vento? Onde se esparexe o soán pola terra?
25
Quen lles arou a canle ás chuvieiras e o vieiro ás chispas da treboada,
26
para que chova na campía erma, na estepa onde non hai ninguén,
27
fartando así páramos e desertos, para que agromen as herbas na estepa?
28
Ten pai a chuvia? ou quen xerou as pingotas do orballo?
29
De que ventre saíu o xeo ou quen pariu a xeada do ceo,
30
cando a auga endurece coma pedra e se conxela a superficie do océano?
31
Es ti quen amarra as cadeas das Pléiades ou quen desata os lazos do Orión?
32
Fas ti xurdir ó seu tempo a Coroa ou guías ti a Osa cos seus fillos?
33
Coñeces ti por caso a lei do ceo ou decretas as normas que van rexer na terra?
34
Erguerás ti a voz ata as nubes para que un ballón de auga te alague?
35
Mandas ti nos lóstregos, e vanse para dicirche ó remate: xa estamos de volta?
36
Quen lle deu a sabedoría ó ibis e o seu instinto ó galo?
37
Quen conta sabiamente as nubes? e quen envorca as sellas do ceo
38
cando o po se funde en lama e se apegan os terróns os uns cos outros?
39
Cázaslle ti a presa da leoa ou fártaslle a fame dos cachorros,
40
cando acochan nas súas covas ou axexan deitados entre as silvas?
41
Quen lle asegura ó corvo a súa mantenza, cando berran a Deus as súas crías toleando por non teren que comer?
← Chapter 37
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 39 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42