bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 30
Job 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 31 →
1
Agora, en troques, fanme burla rapaces máis novos ca min, fillos daqueles pais ós que eu considerara mesmo indignos de os comparar ós cans do meu rabaño,
2
fillos dos que nin forzas tiñan para servirme, pois perderan os folgos para o traballo.
3
A causa da carestía e da fame estéril van rillando raiceiras pola estepa, pola terra baleira e desolada,
4
recollendo xestas e silveiras e raigañas de uces para se quecer,
5
desbotados de onda as xentes dos casais que berran tras eles coma ós ladróns.
6
Habitaban nas paredes dos barrancos, nas covas da terra e mesmo das penas;
7
gritan por entre os matos facendo as súas xuntanzas nas toxeiras.
8
Xentalla e fillos de ninguén, zorregados para fóra do país!
9
E agora fixeron de min o retrouso das súas cántigas, motivo das súas murmuracións,
10
quérenme mal e afástanse de min e non reparan en cuspirme na cara;
11
cando afrouxou a corda do meu arco perderon ante min todo freo.
12
A miña dereita ergueuse a canalla, faime esvarar os pés, enlóusame o carreiro da ruína;
13
estragan o meu vieiro, procuran que me perda: non hai quen os deteña;
14
entran por unha fenda moi ampla, varrendo coma unha treboada.
15
Vóltanse contra min os medos, esvaece coma o vento a miña dignidade e fuxiu coma nube a miña sorte.
16
Agora derrétese o meu ánimo, acóranme os días da anguria,
17
fura a noite nos meus ósos, non dormen os que me torturan;
18
pois El con violencia cólleme da roupa cíngueme arredor coma o colo da túnica;
19
guíndame despois na lama, xa semello po e mais cinsa.
20
Bérroche socorro!, e non me fas caso; póñome diante de Ti, e nin me consideras.
21
Trocácheste no meu verdugo, con man dura volvícheste o meu inimigo;
22
álzasme ó vento e fasme cabalgalo e déixasme randeado pola galerna.
23
Ben sei eu que me estás a levar cara á morte, adro das xuntanzas de todo canto vive.
24
Non tende a man o que afoga, non berra socorro! na súa desesperanza?
25
Acaso non chorei co coitadiño ou non tiven piedade co pobre?
26
Abofé que, agardando o ben, chegoume o mal e agardando a luz, apareceume a tebra.
27
Reméxenseme as entrañas sen acougo, viñéronme en contra días de tristura;
28
lonxe do sol camiño, facendo o pranto, érgome na reunión pregando axuda;
29
convertinme no irmán dos chacais e no veciño das avestruces;
30
cáeseme a pel denegrida, férvenme os ósos coa febre;
31
tanxe co loito a miña cítola, e a miña frauta acompaña o pranto.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42