bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 2
Job 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 3 →
1
Foron outro día os anxos presentarse diante de Iavé; chegou con eles tamén Satán e rendeulle acatamento.
2
Preguntoulle Iavé a Satán: —"De onde chegas?" Respondeulle el: —"De dar unha volta pola terra".
3
Díxolle Iavé a Satán: —"E reparaches no meu servo Xob? Home coma el non o hai no mundo, íntegro e xusto, temeroso de Deus e arredado do mal; e aínda se mantén na súa honradez, por máis que ti me teñas aburrido contra el para que o acabe sen motivo".
4
Respondeulle Satán a Iavé: —"A pel pola pel! Por salvar a vida dá o home todo canto ten.
5
Mais ponlle a man enriba e máncao nos ósos e na carne, e xa habías ver se non te maldí na cara!"
6
Díxolle Iavé a Satán: —"Aí o tes! Fai o que queiras con el, pero respéctalle a vida!"
7
Foise o Satán da presenza de Iavé, e feriu a Xob cunha mala praga desde a planta do pé ata a coroa da cabeza.
8
Collendo unha tella estábase Xob rañando, sentado no medio dunha esterqueira.
9
Díxolle a súa muller: —"E aínda te mantés na túa honradez? Maldice a Deus, e morre!"
10
Pero el contestoulle: —"Falas coma unha tola! Se o bo o aceptamos como de Deus, non habemos recibir tamén o mal?" E a pesares de todo isto, non pecou Xob cos seus labios.
11
Souberon tres dos amigos de Xob da desgraza que lle viñera enriba, e saíndo cadaquén do seu lugar —Elifaz o de Temán, Bildad o de Xuh e Sofar de Namat— concertaron de chegar xuntos para lle daren o pésame e consolalo.
12
O ergueren os ollos desde lonxe e non recoñecelo, deron en chorar botando grandes laios; racharon os mantos e espallaron po por riba das cabezas e cara ó ceo.
13
Despois sentáronse no chan ó seu carón sete días e sete noites, sen falarlle nin palabra, pois vían canto tiña de atroz a súa dor.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42