bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 40
Job 40
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 41 →
1
Engadiu Iavé falando con Xob:
2
—"Quere porfiar o censor do Omnipotente? O que corrixe a Deus, que lle responda!"
3
Respondeulle Xob:
4
—"Eu son un home feble, que che hei responder? porei a miña man sobre a boca.
5
Xa falei unha vez, non replicarei; dúas veces, nada engadirei".
6
Respondeu Iavé a Xob desde o trebón:
7
—"Cingue os teus lombos coma un home; vouche preguntar para que ti me ensines:
8
Vas en verdade anular o meu dereito? Declárasme culpable para saíres ti inocente?
9
Tes ti un brazo coma o de Deus ou atrona a túa voz coma a súa?
10
Anda, vístete de gloria e maxestade, envólvete nun esplendor glorioso!
11
Derrama a furia da túa carraxe, bota unha ollada ós soberbios e abáteos!
12
Olla para os fachendosos e humíllaos, esnaquiza os impíos onde estean,
13
Afúndeos todos a eito no po, encadéaos no máis oculto!
14
Entón tamén eu te hei loar: De certo que a túa dereita che deu o triunfo!
15
Mais olla para o hipopótamo, a quen eu fixen igual ca ti; pace na herba coma os bois;
16
pero observa a forza dos seus lombos, a potencia nos músculos do seu ventre.
17
Ergue o rabo coma un cedro, os tendóns das súas coxas entretécense;
18
ten os ósos coma tubos de bronce, articulacións coma varas de ferro:
19
é do mellor que Deus produciu, só o creador pode aplicarlle a espada.
20
Apórtanlle o seu xantar os montes, onde brincan as feras montesías;
21
déitase entre os xuncos, acochado nos caneiros dos pantanos;
22
os lotos fanlle sombra, rodéano os salgueiros do regato.
23
Por máis que o río veña cheo, non se turba, fica confiado aínda que o Xordán lle chegue ós fociños.
24
Quen poderá amarralo de fronte ou furarlle o nariz por máis que estea no cepo?
25
Podes pescar co anzol o crocodilo ou atalo da lingua cunha corda?
26
Podes pasarlle polo nariz unha liña ou perforarlle a queixada cun gancho?
27
Virá onda ti suplicarche ou falarche con lingua agarimosa?
28
Fará trato contigo, para que o recibas coma servo perpetuo?
29
Podes xogar con el coma cun paxaro ou deixarásllelo atado ás túas nenas?
30
Fará comercio del o gremio dos pescadores, poxarano entre os mercadores?
31
Ferirías de dardos o seu coiro ou a súa cabeza con arpóns?
32
Ponlle a túa man enriba: pensa ben na pelexa, e non o farás dúas veces!
← Chapter 39
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 41 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42