bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 3
Job 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 4 →
1
Tras estes feitos abriu Xob a boca, maldicindo o seu día,
2
deste xeito:
3
—"Pereza o día en que nacín e a noite que dixo: concibiuse un varón!
4
Que aquel día se troque en tebra! Non leve conta del Deus desde enriba nin lle resplandeza a luz da alborada!
5
Que o reclamen para si sombras de morte, que pouse enriba del o nubeiro e que o enchan de medo coas eclipses!
6
Que a noite aquela a leve a escuridade, e non a sumen nos días do ano, nin entre na conta dos meses!
7
Que unha tal noite fique estéril! Non haxa nela canto de ledicia!
8
Que a reneguen os que maldín o mar e os prácticos en esconxurar o Leviatán!
9
Que se lle enfusquen os luceiros do amencer, que agarde polo sol e non lle saia, e que non vexa as pálpebras do abrente!
10
Pois non pechou as portas do ventre nin dos meus ollos afastou a coita.
11
Por que non morrín eu fóra do seo, ó saír do útero non expirei?
12
Por que me atoparon uns xeonllos e por que houbo peitos dos que mamase?
13
Pois agora durmindo descansaría e no meu sono xa tería acougo,
14
xunto cos reis e ministros do país que se constrúen mausoleos
15
ou cos príncipes que recadan ouro, e encheron de prata os seus pazos.
16
Ou ben xa coma o aborto non vivise, coma os meniños que non ollan a luz.
17
Alí remata o rebulir dos impíos e repousan tamén os esgotados.
18
Xunto con eles os encadeados cobran folgos, xa non senten os berros do capataz.
19
O pequeno e o grande alí son un, e o escravo fica ceibe do seu dono.
20
Por que lle deron ó coitado a luz e a vida ó corazón amargado,
21
ós que arelan a morte e non lles vén, que sachan por ela coma por un tesouro;
22
ós que se alegran coa cova e reloucan ó atoparen unha tumba;
23
ó home a quen lle choen o vieiro e arredor del é Deus quen fai o valo?
24
Pois en vez do meu pan veñen salaios e os meus saloucos flúen coma auga.
25
O que máis eu temía veume enriba e o que máis me angustiaba, iso atopoume.
26
Non teño xa sosego nin acougo; non teño paz; asoballoume o asaño!"
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42