bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 21
Job 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 22 →
1
Entón Xob respondeu:
2
—"Escoitade atentos o meu propósito: Que iso sexa para min o voso consolo!
3
Aturádeme un intre mentres falo, cando remate xa vos mofaredes:
4
Presento eu o meu agravio contra un home? Non teño razón para me impacientar?
5
Ollade para min e estarrecede, e ponde a man na boca.
6
Cando o penso, alporízome e apértanseme as carnes co medo:
7
Como é que aínda viven os malvados e de vellos se cadra son máis ricos?
8
A súa caste medra a carón deles; a súa prole, diante dos seus ollos.
9
Nas súas casas hai paz, non hai temores, non bate nelas o fungueiro de Deus.
10
O seu touro cobre a vaca sen fallar, a súa vaca pare sen abortar.
11
Deixan os seus nenos choutando coma años, bailan os seus pequenos;
12
entoan ó ritmo do pandeiro e da cítola, fólganse ó son da frauta,
13
transcorren os seus días na ledicia e baixan tranquilos ó Xeol,
14
por máis que lle teñan dito a Deus: Arreda de nós, non queremos saber dos teus camiños!
15
Quen é o Omnipotente para que o sirvamos? Que proveito tiramos de rogarlle?
16
(Non teñen no seu control a súa prosperidade, non estou eu de acordo co matinar dos malvados).
17
Cantas veces se lle apaga a candea ó impío? Cantas veces dá neles o malvado ou lles reparte Deus dores na súa ira
18
ou se converten en palla diante do vento ou coma lixos que a treboada esparexe?
19
Garda Deus a miseria para os seus fillos? Que lla faga pagar a el para que o sinta!
20
Que vexan os seus ollos a desfeita! Que beba a carraxe do Omnipotente!
21
Pois que vai ser da súa casa despois del cando remate a conta dos meses?
22
Vai un darlle leccións a Deus que xulga ós máis egrexios?
23
Uns morren na plenitude das súas forzas, zumegando paz, e sen cavilacións,
24
cos lombos cheos de graxa e aínda mol a cana dos seus ósos;
25
morren outros fartos de amargor, sen gustar o que é bo,
26
e xuntos déitanos na mesma cinsa, cóbrenos ós dous os vermes.
27
Ben sei eu os vosos pensamentos e as opinións que contra min tecedes.
28
Dicides: Onde está o pazo do poderoso e onde a morada dos malvados?
29
Seica non o dades inquirido dos viandantes? Non o dades pescudado nas súas historias?:
30
Que nos días malditos se salva só o impío e se ceiba no día do furor.
31
Quen lle bota en cara a súa conduta e o forza a pagar polo que fixo?
32
En troques, lévano solemnemente ó nicho, pónselle garda de honor no mausoleo;
33
sábenlle ben mesmo os terróns da cova, arrastra tras de si un xentío, e diante del desfilan a milleiros.
34
Como teimades entón consolarme tan en van? Das vosas respostas o que queda é fraude!"
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42