bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 32
Job 32
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 33 →
1
Deixaron xa os tres homes de responder a Xob, coidando que era inocente.
2
Pero encheuse entón de carraxe o Elihú, fillo de Baraquel o de Buz, do clan de Ram, alporizándose contra Xob, pola súa teima de levar a razón contra Deus.
3
Deulle tamén a xenreira contra os tres amigos, pois non atoparan resposta, deixando a Deus por culpado.
4
Aturara Elihú a Xob mentres aqueles falaban, pois eran os seus maiores,
5
mais ó se decatar que ningún deles tres daba contestación, acendeuse de ira
6
e empezou o seu discurso Elihú, fillo de Baraquel o buzita, dicindo: —"Eu son aínda novo e vós sodes anciáns, por iso tiven reparo e medo de exporvos o meu saber.
7
Pensei para min: Xa falarán os de idade; os de moitos anos han mostrar a súa sabenza.
8
Pero é un espírito no home, un alento do Omnipotente, o que dá a intelixencia.
9
Non fai sabio o ser vello nin os anciáns cobran máis xuízo.
10
Coido, logo, que tedes que escoitarme; tamén eu hei expor o meu saber.
11
Vede, eu agardei mentres falabades, e ben atento estiven ás vosas razóns mentres procurabades as verbas,
12
e por máis que vos considerei, ninguén de vós corrixiu a Xob refutando os seus ditos.
13
E non me veñades dicindo: Nós temos a verdade; a el xa o refugará Deus, e non un home.
14
Aínda non discutiu comigo as súas razóns nin vou eu responderlle coas vosas verbas.
15
Achantaron eles sen engadiren ren; Fuxíronlles as palabras.
16
Pero seica vou eu agardar cando eles xa non falan, cando eles fican quedos sen replicar de novo?
17
Voulle contestar da miña parte e exporlle tamén eu o meu saber:
18
que estou cheo de razóns e a inspiración púxame por dentro.
19
Velaquí o meu corazón: é coma viño pechado que fai estoupar os foles novos:
20
hei falar para me dar un respiro, abrirei os meus labios coa resposta.
21
Non me porei da parte de ningún e a ninguén vou agasallar,
22
pois non sei adular; se tal fixese, léveme o creador.
← Chapter 31
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 33 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42