bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Job 5
Job 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 6 →
1
Chama a ver quen che responde! A que santo te vas ofrecer?
2
Pois é a carraxe a que mata ó tolo e a envexa a que dá morte ó parvo.
3
Vin eu un tolo botar raigañas, pero de súpeto podreceulle o casal;
4
os seus fillos non teñen axuda: asobállanos no tribunal da porta sen ninguén que os defenda;
5
un famento calquera cómelles a colleita roubándollela por entre os toxos, e os sedentos zúganlles os seus bens.
6
Pois non agroma de entre o po a maldade nin é que a desgraza xermole da terra;
7
máis ben é o home quen nace para a desgraza, como reloucan as faíscas no aire.
8
Eu no teu lugar rogaríalle a Deus, poría a miña causa nas súas mans.
9
El é quen fai o grande, o insondable, el fai milagres sen conta;
10
quen bota a chuvia sobre a face da terra e envía as augas sobre os terróns;
11
pon no alto ós humildes e os tristes achan nel o seu acougo.
12
El desfai as matinacións dos arteiros para que as súas obras non logren o éxito.
13
El enreda os sabidos nas súas artes precipitando os plans dos falsarios:
14
é polo día, e van dar nas tebras; é mediodía, e apalpan coma á noite.
15
El salva ó pobre dos labios coma espadas, e da man do poderoso.
16
O coitado gaña nova esperanza e tápaselle a boca á iniquidade.
17
Benia o home a quen Deus corrixe: non rexeites a proba do Omnipotente!
18
Porque se el fere, tamén pon a venda; se che dá un golpe, a súa man sándao.
19
Hate librar de seis calamidades e na sétima o mal xa non te atinxe;
20
nunha gran fame céibate da morte e na guerra, do fío das espadas;
21
do azoute da lingua haste reparar, non terás medo ó estrago, se é que chega;
22
rirás do estrago e mais da fame, non temerás as feras da campía;
23
terás concerto cos espíritos das agras e paz coas feras da fraga;
24
saberás o que é paz na túa tenda; percorrerás os eidos sen botares cousa en falta;
25
ollarás como medra a túa familia, será a túa proxenie coma o grelar das leiras;
26
e baixarás rufo á cova na vellez, cal van dar no celeiro os monllos ó seu tempo.
27
Isto é así, que o temos pescudado; xa o escoitaches: agora dálle voltas".
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 35
Chapter 36
Chapter 37
Chapter 38
Chapter 39
Chapter 40
Chapter 41
Chapter 42
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42