bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 1
1 Samuel 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 2 →
1
Había un home de Ramataim, un sufita da montaña de Efraím, que se chamaba Elcanah, fillo de Ieroham, fillo de Elihú, fillo de Tohu, fillo de Suf, efrateo.
2
Tiña dúas mulleres, unha chamada Ana e a outra Peninah. Peninah tivera fillos, mais Ana non tiña ningún.
3
O home adoitaba subir, ano tras ano, desde a súa cidade, para adorar o Señor dos exércitos e ofrecerlle un sacrificio en Xiloh, onde estaban de sacerdotes do Señor os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.
4
Chegado o momento da oferta do sacrificio, Elcanah dáballe a Peninah as correspondentes racións, para ela e para cada un dos seus fillos e das súas fillas;
5
pero a Ana dáballe só unha ración, pois, por máis que a quería, o Señor fixéraa estéril.
6
Peninah asañábase con Ana e facíaa padecer, porque o Señor a fixera estéril.
7
E iso pasaba ano tras ano. Cada vez que subían ó santuario do Señor, Peninah asañábase con ela, e ela choraba e non comía.
8
Unha vez preguntoulle Elcanah, o seu home: —"Por que choras, Ana, e non comes? Por que estás aflixida? Seica non vallo eu para ti máis ca dez fillos?"
9
Pero Ana, despois de comeren e beberen, alí en Xiloh, ergueuse e, mentres o sacerdote Elí estaba sentado na cadeira, á entrada do santuario do Señor,
10
ela, coa alma chea de tristura, rezáballe ó Señor, chorando a todo chorar.
11
Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".
12
Mentres ela abundaba nos seus rezos, diante do Señor, Elí observaba a súa boca.
13
Como Ana falaba para si, movendo os beizos, pero sen que se oíse a súa voz, Elí pensou que estaba bébeda.
14
E faloulle: —"Canto che vai durar a borracheira? Bota fóra ese viño".
15
Pero Ana respondeulle: —"Non é iso, señor. Eu son unha muller que está aflixida. Non bebín viño nin cervexa. Estábame desafogando diante do Señor.
16
Non tomes a túa serva por unha desvergoñada. Se falaba con xeito, era pola moita dor e polas coitas".
17
Entón díxolle Elí: —"Vaite en paz, e que o Deus de Israel che conceda o que lle pediches".
18
E ela respondeulle: —"Que a túa serva poida contar coa túa aprobación". A muller marchou e comeu, e non parecía xa a mesma.
19
Pola mañá erguéronse cedo e foron prostrarse diante do Señor. Despois puxéronse de volta e chegaron a Ramah, á súa casa. Elcanah achegouse a Ana, súa muller, e o Señor acordouse dela.
20
Ana embarazou e logo pariu un fillo, a quen lle puxo o nome de Samuel, porque llo pedira ó Señor. A volta dun ano,
21
o seu home Elcanah subiu con toda a familia ofrecer o sacrificio anual e cumprir a promesa.
22
Pero Ana non subiu, aclarándolle ó seu home: —"Deixa que destete o neno. Entón levareino, presentareillo ó Señor, e que quede alí para sempre".
23
O seu home Elcanah respondeulle: —"Fai como che pareza ben. Agarda, pois, a destetalo. E que o Señor apoie a túa promesa". Ana quedou na súa casa, criando o seu fillo, ata que o destetou.
24
Chegado ese momento, Ana subiu con el a Xiloh, ó santuario do Señor, levando consigo un becerro de tres anos, unha fanega de fariña e un pelexo de viño.
25
Sacrificado o becerro, Ana presentoulle o neno a Elí, dicindo:
26
—"Co teu permiso, señor. Pola túa vida, eu son aquela muller que estivo aquí, diante de ti, rezándolle ó Señor.
27
Pedíalle este neno e o Señor concedeume o favor que lle pedía.
28
Agora son eu quen llo cedo ó Señor para mentres viva. Será un cedido ó Señor". Despois diso adoraron o Señor.
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31