bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 8
1 Samuel 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 9 →
1
Cando Samuel se fixo vello, puxo a seus fillos por xuíces de Israel.
2
O primoxénito chamábase Xoel e o segundo Abías. Exercían coma xuíces en Beerxeba.
3
Pero os fillos non seguiron o camiño de Samuel, senón que se deixaron levar pola cobiza, aceptando regalos e torcendo o dereito.
4
Daquela xuntáronse os vellos de Israel, foron a Ramah onda Samuel
5
e dixéronlle: —"Velaí que ti estás vello e os teus fillos non van polo teu camiño. Dános, logo, un rei que nos goberne, coma o que teñen as outras nacións".
6
A Samuel pareceulle mal esa proposta: Dános un rei que nos goberne, e invocou ó Señor.
7
O Señor respondeulle: —"Atende ó pobo en todo o que che piden. Non te rexeitan a ti, senón a min, para que non reine sobre deles.
8
É o que fixeron sempre comigo, desde o día en que os saquei de Exipto ata hoxe: arredarse de min, para servir a outros deuses; iso é o que fan contigo.
9
Agora aténdeos no que piden, pero advírteos e dilles cal será o foro do rei que reinará sobre eles".
10
Samuel referiu ó pobo que pedía un rei o que lle dixera o Señor.
11
Díxolle: —"Este é o foro do rei que reinará sobre vós: collerá os vosos fillos, para servizo dos seus carros e da súa cabalería e para que corran diante da súa carroza.
12
Poraos de xefes de milleiro e de xefes de cincuentena; faralles arar as súas leiras e segar o seu trigo, fabricar armas para a guerra e trebellos para os carros.
13
As vosas fillas levaraas para perfumistas, cociñeiras e panadeiras.
14
Quitaravos o mellor dos vosos eidos, das vosas viñas e oliveiras, para dárllelo ós seus servidores.
15
Esixiravos o décimo do voso gran e das vosas vendimas, para dárllelo ós seus ministros e ós seus funcionarios.
16
Botará man dos vosos criados e criadas, dos vosos bois e dos vosos burros, para que fagan para el o seu traballo.
17
Decimará os vosos rabaños, e vós seredes os seus escravos.
18
Entón berraredes en contra do rei que escollestes, pero o Señor non responderá".
19
O pobo non lle fixo caso a Samuel e insistiu: —"Non. Nós queremos un rei!
20
Seremos coma as outras nacións. Teremos un rei que nos goberne e que saia á fronte de nós nas nosas guerras".
21
Samuel escoitou o que o pobo pedía e referiullo ó Señor.
22
O Señor díxolle a Samuel: —"Atende a súa demanda e noméalles un rei". Entón ordenoulles Samuel ós israelitas: —"Ídevos cada un para o voso lugar".
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31