bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 10
1 Samuel 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 11 →
1
Entón Samuel colleu a aceiteira, verteu aceite sobre a cabeza de Xaúl e bicouno dicindo: —"Isto quere dicir que o Señor te unxe por xefe do seu herdo.
2
Cando agora te apartes de onda min, encontraraste con dous homes, cerca da tumba de Raquel, nos lindeiros de Benxamín, en Selsah, e diranche: as burras que andabas buscando apareceron. O teu pai esqueceu xa ese asunto e agora está inquedo por vós pensando: Que será do meu fillo?
3
Máis adiante no teu camiño, chegando á aciñeira do Tabor, encontraraste con tres homes que soben para adorar a Deus en Betel, un deles con tres cabuxos, outro con tres fogazas e o terceiro cun pelexo de viño.
4
Eles saudarante e daranche dúas fogazas, que ti collerás das súas mans.
5
Despois chegarás a Guibah de Deus, onde está o posto dos filisteos. O entrares na cidade, atoparaste cunha banda de profetas que baixan do outeiro, profetizando, ó son de arpas e pandeiros, de frautas e de cítolas.
6
Niso entrará en ti o espírito do Señor, e profetizarás, xunto con eles, trocado noutro home.
7
Cando vexas cumprirse estes sinais, fai o que ben che pareza: Deus estará contigo.
8
Baixa a Guilgal antes ca min; logo baixarei eu, para ofrecer holocaustos e sacrificios de comuñón. Agarda alí sete días a que eu chegue e che diga o que has facer".
9
Despois que Xaúl se puxo de volta, afastándose de Samuel, Deus mudoulle o corazón e, naquel mesmo día, cumpríronse todos os sinais.
10
Cando entraban en Guibah, encontráronse cunha banda de profetas. Niso entrou en Xaúl o espírito de Deus e púxose a profetizar no medio deles.
11
Os que de antes o coñecían, ó velo profetizar entre os profetas, preguntábanse uns ós outros: —"Que lle pasou ó fillo de Quix? Tamén anda Xaúl entre os profetas?"
12
E un de alí replicou: —"E quen é o pai deses outros?" Diso saíu o dito: —"Conque tamén anda Xaúl entre os profetas?"
13
Cando deixou de profetizar, Xaúl marchou para a súa casa.
14
O tío de Xaúl preguntoulles a el e ó criado: —"Por onde andastes?" E eles responderon: —"Iamos á busca das burras e, ó ver que non aparecían, chegámonos onda Samuel".
15
O tío preguntoulle a Xaúl: —"Cóntame o que vos dixo Samuel".
16
Xaúl respondeulle: —"Informounos de que as burras xa apareceran". Pero non o informou do que Samuel lle dixera sobre o asunto do reino.
17
Samuel convocou ó pobo en Mispah, na presenza do Señor,
18
e faloulles ós israelitas: —"Isto di o Señor, Deus de Israel: Eu saquei a Israel de Exipto e libreivos da man dos exipcios e da de todos os reis que vos oprimían.
19
Pero agora vós rexeitades ó voso Deus, o que vos librou de males e apuros, cando dicides: Non. Dános un rei que nos goberne. Presentádevos, logo, diante do Señor por tribos e por familias".
20
Samuel fixo comparecer a todas as tribos de Israel e a sorte caeu na tribo de Benxamín.
21
Compareceron logo os clans da tribo de Benxamín e a sorte caeu no clan de Matrí. Despois caeu en Xaúl, fillo de Quix. Buscárono e non o encontraron.
22
Consultaron de novo ó Señor: —"Veu ou non ese home?" E o Señor respondeu: —"Aí está, escondido entre as equipaxes".
23
Correron a sacalo de alí e presentárono diante da xente. Pasáballes a todos eles dos ombreiros para arriba.
24
Samuel díxolle ó pobo: —"Vedes o que escolleu o Señor? Non hai outro coma el". E aclamárono todos berrando: —"Viva o rei!"
25
Samuel explicoulle ó pobo o foro do rei, escribiuno nun libro e depositouno diante do Señor. Despois despediu á xente, cada un para a súa casa.
26
Tamén Xaúl marchou para a súa casa, en Guibah, acompañado polos valentes ós que Deus lles movera o corazón.
27
Pero algúns aleivosos dicían: —"Como! Ese é o que nos vai salvar?" E desprezárono e non lle levaron o regalo. Pero Xaúl fixo o xordo.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31