bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 15
1 Samuel 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 16 →
1
Samuel faloulle a Xaúl: —"O Señor mandoume que te unxise rei do seu pobo Israel. Xa que logo, escoita a palabra do Señor.
2
O Señor dos exércitos di isto: Voulle pedir contas a Amalec do que fixo con Israel, atacándoo, cando este subía de Exipto.
3
Vai, logo, pelexa contra Amalec, destrúe todo o que ten e non teñas dó del. Mátalle homes e mulleres, rapaces e nenos de peito, bois e ovellas, camelos e burros".
4
Xaúl reuniu o exército e revistouno en Telaim. Eran douscentos mil de infantería e dez mil homes de Xudá.
5
Xaúl acercouse ás cidades de Amalec e puxo trapelas nas congostras.
6
Mandoulles dicir ós quenitas: —"Arredádevos de onda os amalecitas, para non arrasarvos canda eles, pois vosoutros tivestes dó dos israelitas, cando estes subían de Exipto". E os quenitas arredáronse de xunto os amalecitas.
7
Xaúl venceu a Amalec, desde Havilah, segundo se vai para Xur, na fronteira, ó leste de Exipto.
8
Colleu vivo a Agag, rei de Amalec, a todo o pobo pasouno polo coitelo.
9
Xaúl e o seu exército perdoáronlles a vida a Agag e ás mellores ovellas e vacas, ó gando cebado, ós cordeiros e a todo o que era bo, e non os exterminaron. Só consagraron ó anatema o desprezable e de pouco valor.
10
Samuel recibiu, daquela, esta palabra do Señor:
11
—"Pésame ter feito rei a Xaúl, pois anda afastado de min e non cumpre as miñas ordes". Samuel entristeceuse e pasou toda a noite clamando perante o Señor.
12
Pola mañá ergueuse cedo para ir ó encontro de Xaúl. Pero entón informárono de que Xaúl marchara a Carmel, que levantara alí unha estela e que, despois, dera a volta e baixara a Guilgal.
13
Samuel presentouse onda Xaúl e este díxolle: —"Que o Señor te bendiga.
14
Cumprín o que mandara o Señor". Mais Samuel preguntoulle: —"E que son eses beos de ovella que oio e eses brúos de boi que sinto?"
15
Xaúl respondeulle: —"Trouxéronos de onda Amalec. O exército perdooulle a vida ó mellor dos rabaños e dos gandos, para ofrecer sacrificios ó Señor, o teu Deus. O resto consagrámolo ó anatema".
16
Samuel díxolle a Xaúl: —"Déixame que che anuncie o que esta noite me dixo o Señor". E el díxolle: —"Fala".
17
Samuel dixo: —"Aínda que te consideres pequeno, ti es a cabeza das tribos de Israel, pois o Señor unxiute por rei de Israel.
18
O Señor mandoute por este camiño, con esta orde: vai e consagra ó anatema ós amalecitas, pecadores; combáteos, ata acabares con eles.
19
Por que non obedeciches ó Señor? Por que retiveches os espolios, facendo o que desagrada ó Señor?"
20
Xaúl respondeulle a Samuel: —"Que non obedecín ó Señor? Eu fun polo camiño que el me sinalou; trouxen a Agag, rei de Amalec, e ós amalecitas consagreinos ó anatema.
21
Se o exército colleu dos espolios ovellas e bois, a primicia do consagrado ó anatema, foi para ofrecer sacrificios en Guilgal ó Señor, o teu Deus".
22
Samuel dixo entón: —"Quere o Señor holocaustos e sacrificios ou prefire que o obedezan? Certamente a obediencia vale máis cós sacrificios, a docilidade, máis có lardo dos carneiros.
23
A rebeldía é coma pecado de feiticeiros, a teimosía, coma delito de idolatría. Xa que ti rexeitaches a orde do Señor, o Señor rexéitate a ti coma rei".
24
Xaúl confesoulle a Samuel: —"Pequei, traspasando o mandado do Señor e tamén a túa palabra. Tiven medo do exército e consentín no que pedía.
25
Agora perdoa o meu pecado e dá a volta comigo, que quero adorar ó Señor".
26
Samuel respondeulle: —"Non quero volver contigo. Xa que ti rexeitaches a orde do Señor, o Señor rexéitate a ti, para que non reines sobre Israel".
27
Samuel deu a volta para marchar e Xaúl apreixoulle a punta do manto e esgazoullo.
28
Samuel díxolle: —"O Señor arríncache hoxe o reino de Israel para darllo a outro mellor ca ti.
29
O que é gloria de Israel non mente nin se volve atrás, pois non é un home para ter que arrepentirse".
30
Xaúl dixo: —"Pequei. Pero salva a miña honra diante dos vellos do meu pobo e diante de Israel, e volve comigo, que quero adorar o Señor, o teu Deus".
31
Samuel volveu con Xaúl e este adorou o Señor.
32
Samuel ordenou despois: —"Traédeme a Agag, rei dos amalecitas". Cuberto de cadeas, Agag acercóuselle e dixo: —"A amargura da morte está pasando agora mesmo".
33
Samuel respondeulle: —"Do xeito como a túa espada deixou mulleres sen fillos, agora queda coma elas sen fillos a túa nai". E Samuel esganouno en Guilgal na presenza do Señor.
34
Samuel volveu para Ramah e Xaúl subiu para a súa casa, en Guibah de Xaúl.
35
Samuel non volveu ver a Xaúl na súa vida. Pero estaba aflixido por el, porque lle pesara ó Señor facelo rei de Israel.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31