bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 19
1 Samuel 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 20 →
1
Xaúl faloulle ó seu fillo Ionatán e ós seus servidores de matar a David. Pero Ionatán, fillo de Xaúl, queríalle moito a David
2
e avisouno, dicíndolle: —"Meu pai Xaúl trata de matarte. Anda, pois, con moito coidado. Pola mañá procúrate un tobo e acóchate.
3
Cando saiamos, eu irei ó lado de meu pai, pola campía onde ti estás, falareille ó meu pai de ti, e, segundo vexa, informareite".
4
Ionatán faloulle ó seu pai Xaúl en favor de David: —"Que o rei non faga dano ó seu servo David; el non che fixo dano a ti; ó contrario, todo o que fai é sempre no teu proveito.
5
Xogou coa súa vida cando matou ó filisteo. Aquilo foi unha grande vitoria, que o Señor concedeu a todo Israel. Cando ti o soubeches, aledácheste ben. Por que te queres facer culpable dun sangue inocente matando a David sen motivo?"
6
Xaúl fíxolle caso a Ionatán e xurou: —"Pola vida do Señor que non morrerá".
7
Ionatán chamou a David e contoulle toda a conversa. Logo levou a David onda Xaúl e David quedou ó seu servizo, coma antes.
8
Estalou outra vez a guerra e David saíu a combater cos filisteos. Inflixiulles a gran desfeita e eles fuxiron diante del.
9
O mal espírito mandado polo Señor apoderouse de Xaúl nun momento en que estaba sentado no seu pazo, coa lanza na man, e David tocando a arpa.
10
Xaúl tratou de cravar a David coa lanza contra a parede pero David zafouse de Xaúl; a lanza cravouse na parede e David escapou, san e salvo.
11
Aquela mesma noite mandou Xaúl mensaxeiros á casa de David para que o vixiasen e matalo pola mañá. A súa muller Micol avisou a David: —"Se non te pos a salvo esta mesma noite, mañá serás home morto".
12
Micol desprendeuno por unha fiestra e el salvouse, fuxindo.
13
Entón colleu Micol o ídolo caseiro e meteuno na cama; puxo á cabeceira un coxín de pelo de cabra e tapouno cun cobertor.
14
Xaúl mandou mensaxeiros para que prendesen a David. Pero ela aclaroulles: —"Está malo".
15
Xaúl mandou outros mensaxeiros que fosen buscar a David: —"Traédemo, mesmo do leito, porque o quero matar".
16
Cando entraron os mensaxeiros, atoparon na cama o ídolo doméstico e un coxín de pelo de cabra á cabeceira.
17
Xaúl díxolle a Micol: —"Por que me enganaches deste xeito deixando que o meu inimigo escapase?" Micol respondeulle a Xaúl:
18
—"Porque el me ameazou: axúdame a escapar ou matareite". David salvouse fuxindo. Chegado a Ramah, onda Samuel, contoulle todo aquilo que Xaúl lle fixera. Despois fóronse, el e Samuel, e detivéronse en Naiot.
19
Comunicáronlle a Xaúl: —"Sabe que David está en Naiot de Ramah".
20
Xaúl mandou mensaxeiros que detivesen a David. O atopárense cunha tropa de profetas, que estaban profetizando, e Samuel presidíndoos, entrou o espírito de Deus nos mensaxeiros de Xaúl e puxéronse a profetizar eles tamén.
21
Dixéronllo a Xaúl e mandou outros mensaxeiros, que se puxeron tamén a profetizar. Por terceira vez mandou Xaúl mensaxeiros, que se puxeron a profetizar eles tamén.
22
Entón foi el mesmo a Ramah. O chegar onda a gran cisterna que hai en Secu, preguntou: —"Onde están Samuel e David?" E respondéronlle: —"Están en Naiot de Ramah".
23
Xaúl foi a Naiot de Ramah. Apoderouse tamén del o espírito de Deus e camiñaba profetizando ata chegar a Naiot de Ramah.
24
Espiuse el tamén da súa roupa e estivo profetizando ante Samuel, deitado e espido polo chan, todo aquel día e toda a noite. De aí veu aquel dito: —"Conque tamén Xaúl entre os profetas?"
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31