bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 26
1 Samuel 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 27 →
1
Os de Zif foron a Gueba, onda Xaúl, para dicirlle: —"Non sabes que David se acocha no outeiro de Haquilah, enfronte de Ieximón?"
2
Xaúl baixou, ó momento, ó deserto de Zif con tres mil homes escolleitos de Israel para buscar alí a David.
3
Xaúl acampou no outeiro de Haquilah enfronte de Ieximón á beira do camiño. Cando David, que vivía no deserto, viu que Xaúl viña ó deserto detrás del,
4
mandou espías que se informasen do sitio onde acampaba.
5
Logo achegouse David mesmo ó campamento de Xaúl e viu o posto onde se deitaban Xaúl e mais Abner, fillo de Ner, xeneral do exército. Xaúl deitábase e durmía no cercado dos carros coa tropa ó redor del.
6
Entón preguntoulle David a Ahimélec, o hitita, e a Abixai, fillo de Seruiah, irmán de Ioab: —"Quen quere baixar comigo ó campamento de Xaúl?" Abixai respondeulle: —"Baixo eu".
7
David e Abixai chegaron de noite ó campamento e viron que Xaúl estaba deitado, durmindo, no cercado, coa lanza cravada no chan, á súa cabeceira. Abner e o exército estaban deitados ó redor.
8
Abixai díxolle a David: —"Hoxe púxoche Deus o teu inimigo nas túas mans. Agora déixame que o crave dun golpe de lanza contra o chan. Non cumprirá repetilo".
9
David respondeulle a Abixai: —"Non quero que o mates. Quen poñería a man impunemente sobre o unxido do Señor?"
10
E engadiu: —"Pola vida do Señor, que será el quen o fira, ou porque lle chegou a hora de morrer, ou porque acabe caendo na guerra.
11
Deus me libre de pó—la miña man sobre o unxido do Señor. Agora colle a lanza, que está á súa cabeceira, e a xerra da auga e vámonos".
12
David colleu a lanza e a xerra da auga de onda a cabeceira de Xaúl e fóronse sen que ninguén os vise, nin se decatase, nin espertase. Estaban todos durmidos, coma se un sono do Señor caese riba deles.
13
David pasou para a outra banda e detívose no cume do monte deixando un longo treito entremedias.
14
E berrou cara á tropa de Abner, fillo de Ner: —"Respondes ou non, Abner?" E Abner preguntou: —"Quen es ti que berras cara ó rei?"
15
David díxolle a Abner: —"Seica non es ti un home? Mais quen hai coma ti en Israel? Por que non gardabas, logo, ó rei, o teu señor, cando un do pobo entrou para matalo?
16
O que fixeches non está ben. Pola vida do Señor, que mereces a morte, por non protexer o voso señor, o unxido do Señor. Ora mira onde está a lanza do rei e a xerra da auga que tiña á cabeceira".
17
Xaúl recoñeceu a voz de David e preguntoulle: —"David, meu fillo, é esa a túa voz?" E el respondeulle: —"A mesma, rei, meu señor".
18
E engadiu: —"Por que o meu señor persegue ó seu servo? Que é o que fixen e que delito hai nas miñas mans?
19
Que o rei meu señor queira escoitar agora a palabra do seu servo. Se é o Señor o que te incita contra min, que el agree o recendo dunha ofrenda; mais, se son os homes, malditos sexan diante do Señor, porque me están arredando da miña parte no herdo do Señor, dicíndome que vaia servir a outros deuses.
20
Que o meu sangue non caia polo chan, lonxe da presenza do Señor. O rei de Israel saíu á caza dunha pulga, coma quen vai á caza da perdiz polas montañas".
21
Xaúl dixo: —"Pequei. Volve, David, meu fillo. Non seguirei facéndoche mal, pois ti respectaches hoxe a miña vida. Comporteime coma un parvo. Estaba moi enganado".
22
David respondeulle: —"Aquí está a lanza do rei. Que veña un dos teus homes recollela.
23
Que o Señor lle teña en conta a cada un a súa xustiza e a súa lealdade. Hoxe púxote El nas miñas mans; pero eu non ousei erguelas contra o unxido do Señor.
24
E como eu valorei hoxe a túa vida, que valore o Señor a miña e me libre de todos os apuros".
25
Xaúl díxolle a David: —"Bendito sexas, David, meu fillo. En todo o que te propoñas, terás éxito". Despois diso, David seguiu o seu camiño e Xaúl volveuse ó seu lugar.
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31