bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 16
1 Samuel 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 17 →
1
O Señor faloulle a Samuel: —"Ata cando estarás aflixido por Xaúl, sendo que eu o rexeitei como rei de Israel? Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Ixaí, o de Belén, pois escollín un rei entre os seus fillos".
2
Samuel respondeu: —"Como farei para ir? Saberao Xaúl e matarame". O Señor díxolle: —"Leva contigo unha xovenca e di que vas ofrecer un sacrificio ó Señor.
3
Convida a Ixaí ó sacrificio e eu direiche o que has facer; unxirás a quen eu che diga".
4
Samuel fixo o que lle mandaba o Señor. O chegar a Belén, os anciáns da cidade saíronlle inquedos ó encontro e preguntáronlle: —"Vés para ben?"
5
El respondeulles: —"Para ben. Veño ofrecer un sacrificio ó Señor. Purificádevos e vide comigo ó sacrificio". Logo fixo que se purificasen Ixaí e os seus fillos e convidounos ó sacrificio.
6
Cando chegaron e viu a Eliab, pensou: —"De seguro que o Señor ten diante de si o seu unxido".
7
Pero o Señor díxolle a Samuel: —"Non te fixes no seu bo ver, nin na súa estatura. Ese está excluído, pois Deus non olla coma os homes. Os homes ven as aparencias, pero Deus ve o corazón".
8
Ixaí chamou entón a Abinadab e fíxoo pasar diante de Samuel. Pero Samuel dixo: —"Tampouco a este non o escolleu o Señor".
9
Ixaí fixo pasar logo a Xamah e Samuel dixo: —"O Señor non escolleu tampouco a este".
10
Ixaí fixo pasar a sete dos seus fillos á vista de Samuel e Samuel dixo: —"Ningún destes é o escollido do Señor".
11
Samuel preguntoulle a Ixaí: —"Xa non tes máis rapaces?" E el respondeulle: —"Queda aínda o pequeno, que está gardando as ovellas". Samuel díxolle: —"Pois manda que o traian, xa que non nos sentaremos á mesa ata que el chegue".
12
Ixaí mandou que o fosen buscar. Era loiro, de ollos fermosos e de bo parecer. O Señor dixo a Samuel: —"Ér—guete e únxeo, pois é este".
13
Samuel colleu o corno do óleo e unxiuno diante dos seus irmáns. Desde aquel intre e en adiante o espírito do Señor apoderouse de David. Despois Samuel volveu para Ramah.
14
O espírito do Señor retirouse de Xaúl e un mal espírito de parte do Señor comezou a atormentalo.
15
Dixéronlle os seus servidores: —"Mira que te atormenta un mal espírito.
16
Que o noso Señor o dispoña, e nosoutros, os teus servos, buscaremos alguén que saiba tocar a arpa. Cando se meta en ti o mal espírito, tocaraa e mellorarás".
17
Xaúl respondeulles: —"Procurádeme, pois, alguén que saiba tocar e facédemo vir".
18
Niso repuxo un dos criados: —"Eu coñezo un fillo de Ixaí, o de Belén, que sabe tocar. É un rapaz valente e bo guerreiro, que fala ben e que é de bo parecer; e o Señor está con el".
19
Xaúl enviou recadeiros a Ixaí con este encargo: —"Mándame o teu fillo David, o que garda o rabaño".
20
Ixaí colleu o burro, cunha fogaza de pan, un pelexo de viño e un cabuxo, e mandoullo a Xaúl polo seu fillo David.
21
Chegado David onda Xaúl, púxose ó seu servizo. Xaúl colleulle cariño e fíxoo o seu escudeiro.
22
Xaúl mandoulle recado a Ixaí: —"Rógoche que deixes quedar comigo a David, pois cáeme ben".
23
Cando o mal espírito lle viña a Xaúl, David tocaba a arpa. Xaúl sentía melloría. O mal espírito afastábase del.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31