bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 18
1 Samuel 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 19 →
1
Acabada a conversa de David con Xaúl, Ionatán encariñouse con David. Queríalle coma a si mesmo.
2
Xaúl retivo consigo a David desde aquel día e non o deixou volver para casa de seu pai.
3
Ionatán fixo un pacto con David pois queríalle coma a si mesmo.
4
Desprendeuse do manto que levaba e deullo a David. E co vestido deulle tamén a súa espada, o seu arco e mesmo o seu cinto.
5
David saía ben de todas as incursións que Xaúl lle encomendaba e o rei púxoo á fronte dos soldados. Fíxose querer de todo o exército e tamén dos ministros de Xaúl.
6
Cando volvían das saídas, despois de que matase David ó filisteo, viñan ó encontro de Xaúl as mulleres de todas as cidades de Israel, cantando e danzando, ledas, con pandeiros e con ferreñas.
7
Danzaban, cantando a coro: —"Xaúl matou os seus mil, pero David os seus dez mil".
8
Xaúl enfadouse moito e pareceulle mal aquela copla. Dicía: —"A David danlle dez mil e a min mil. Xa só lle falta o reino".
9
Daquel día en adiante Xaúl mirou con malos ollos a David.
10
O día seguinte un mal espírito de Deus asaltou a Xaúl, que andaba frenético pola casa, mentres David tocaba a arpa, coma todos os días. Xaúl tiña a lanza na man
11
e arrebolouna querendo cravar a David contra a parede. David zafouse dela por dúas veces.
12
Xaúl colléralle medo a David, porque o Señor estaba con el, ó tempo que se afastaba de Xaúl.
13
Xaúl arredouno de onda el, facéndoo xefe de milleiro. David saía en expedicións á fronte do exército.
14
Calquera cousa que emprendese saía ben, porque o Señor estaba con el.
15
O ver Xaúl que David tiña tanto éxito empezou a recear del.
16
Pero en Israel e en Xudá todos lle querían ben, pois David era quen os guiaba nas súas expedicións.
17
Xaúl propúxolle a David: —"Velaí tes a Merab, a miña filla máis vella. Voucha dar por muller, con tal que te mostres valente e loites nas guerras do Señor". Xaúl matinara: —"Mellor que poñer eu nel as miñas mans, que o maten os filisteos".
18
David respondeulle a Xaúl: —"Quen son eu e quen a familia de meu pai, para poder chegar a ser xenro do rei?"
19
Pero, chegado o momento de darlla a David por muller, Xaúl casou a Merab con Adriel de Meholah.
20
Ao tempo, Micol, filla de Xaúl, namorárase de David. Dixéronllo a Xaúl, que o aprobou.
21
Pensaba para o seus adentros: —"Dareilla e serviralle de trapela, para caer nas mans dos filisteos". Xaúl díxolle a David: —"Por segunda vez hoxe podes facerte meu xenro".
22
E mandoulles ós seus serventes: —"Dicídelle en confidencia a David: mira que o rei te estima e que os seus ministros te queren ben. Acepta ser xenro do rei".
23
Os servidores de Xaúl repetiron esas palabras ós oídos de David. E David respondeulles: —"Parécevos pouca cousa chegar a ser xenro do rei? Eu son un home pobre e de humilde condición".
24
Os servidores de Xaúl leváronlle ó rei a resposta de David.
25
Entón mandou el que lle aclarasen: —"O rei non lle importa tanto o dote que lle deas, canto cen prepucios de filisteos, para vingarse dos seus inimigos". Xaúl contaba con que David caese nas mans dos filisteos.
26
Os servidores de Xaúl comunicáronlle a David as palabras do rei e a David pareceulle xusta a condición para se facer xenro do rei.
27
Non se cumprira aínda o tempo e David foi cos seus homes, matou douscentos filisteos e trouxo os seus prepucios. Con iso cumpría a condición para se facer xenro do rei. Xaúl deulle entón por muller a súa filla Micol.
28
Xaúl caeu na conta de que o Señor estaba con David e de que a súa filla Micol se namorara del.
29
Xaúl colleulle a David aínda máis medo e fíxose o seu inimigo para o resto da súa vida.
30
Os xenerais filisteos saían a facer incursións, e David tiña máis éxitos contra eles cós mesmos soldados de Xaúl. O seu nome adquiriu unha grande sona.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31