bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 2
1 Samuel 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 3 →
1
Ana dixo daquela esta oración: —"O meu corazón alégrase no Señor, érgome forte no meu Deus; a miña boca rise dos meus inimigos, porque celebro a túa salvación.
2
Non hai santo coma o Señor! Non hai rocha coma o noso Deus!
3
Non botedes discursos altivos, non saia arrogancia da vosa boca. O Señor é un Deus ben sabedor, el é quen pesa as accións.
4
Os arcos dos fortes sofren quebra, os febles énchense de valor;
5
os fartos contrátanse polo pan, mentres que os famentos descansan; a que antes era estéril, dá á luz sete veces; a que antes se enchía de fillos, agora vese baldeira.
6
O Señor dá a morte e a vida, afunde no abismo e saca de alí.
7
O Señor enriquece e desposúe, humilla e tamén engrandece.
8
El ergue da lama ó humilde e tira ó pobre da esterqueira, para o sentar entre os príncipes coma herdeiro dun trono de gloria; pois do Señor son os alicerces da terra e sobre eles asentou o universo.
9
El garda os pasos dos seus amigos e afunde ós malvados nas tebras, que non é pola forza como o home se impón.
10
O Señor desbarata a quen se lle opón, o Altísimo trona desde o ceo. O Señor xulga os confíns da terra, enche de vigor ó seu rei, afirma no poder ó seu unxido".
11
Elcanah retornou para a súa casa de Ramah, e o neno quedou ó servizo do Señor, ás ordes do sacerdote Elí.
12
Os fillos de Elí eran xente de pouco valer. Non respectaban o Señor
13
nin a súa obriga de sacerdotes do seu pobo. Cando alguén ofrecía un sacrificio, mentres a carne se cocía, viña o criado do sacerdote, co garfo de tres dentes na súa man,
14
espetábao no caldeiro, na cazola, no pote ou tarteira, e todo o que a forca sacaba, leváballo ó sacerdote. Iso era o que facían con todos os israelitas que chegaban a Xiloh.
15
Aínda co lardo sen queimar, viña o criado do sacerdote e dicíalle a quen ofrecía o sacrificio: —"Dáme a carne para o asado do sacerdote. El non che admitirá carne cocida, senón crúa".
16
Se o home lle dicía: —"Hai que queimar primeiro o lardo; despois colle o que se che antolle"; el respondíalle: —"Non, dáma agora; se non, collereina pola forza".
17
O pecado daqueles criados era grave ós ollos do Señor, porque a xente aborrecía as ofrendas do Señor.
18
O pequeno Samuel, pola súa parte, estaba ó servizo do Señor, cinguido cunha faixa de liño.
19
A súa nai facíalle todos os anos unha túnica e leváballa, cando subía co seu home ofrecer o sacrificio anual.
20
Elí bendicía a Elcanah e á súa muller, e agoiráballes: —"Que o Señor che conceda descendencia por esta túa muller, en pagas da que ela lle cedeu ó Señor". Despois volvían para a súa casa.
21
O Señor visitou a Ana, que concibiu e pariu tres fillos e dúas fillas. O neno Samuel, namentres, medraba na presenza do Señor.
22
Sendo Elí xa moi vello, oía o que facían os seus fillos coa xente de Israel e como se deitaban coas mulleres que prestaban servizo á entrada da Tenda do Encontro.
23
E dicíalles: —"Como é que facedes esas cousas? A xente toda fálame do voso mal comportamento.
24
Non, fillos; non está ben o que me contan, pois dese xeito afastades o pobo do Señor.
25
Se un home ofende a outro home, Deus xulgará entre os dous; pero se ofende ó Señor, quen avogará por el?" Mais eles non lle facían caso a seu pai, porque o Señor decidira que morresen.
26
Pola súa parte, o neno Samuel seguía medrando, querido polo Señor e polos homes.
27
Un home de Deus chegou onda Elí para anunciarlle: —"Isto di o Señor: Non me revelei eu á familia do teu pai, cando estaban aínda en Exipto, escravos do faraón?
28
Non o escollín a el, de todas as tribos de Israel, para que fose o meu sacerdote, subise ó meu altar, queimase o meu incenso e levase o efod diante de min? A familia de teu pai concedinlle unha parte nas oblacións dos israelitas.
29
Por que, logo, pisades o sacrificio e a oblación que eu mandei facer na miña morada? Por que aprecias os teus fillos máis ca a min, deixándoos que se ceben co mellor das ofrendas do meu pobo Israel?
30
Por iso, isto di o Señor, Deus de Israel: Eu tíñalles dito á túa familia e á familia do teu pai que servirían no meu santuario para sempre; mais agora, palabra do Señor, que non será. Pois eu honro ós que me honran, pero os que me desprezan veranse desprezados.
31
Está vindo o día no que eu tronzarei o teu brazo e o brazo da familia de teu pai: Ninguén na túa familia chegará á vellez.
32
Ti verás con envexa o ben que eu lle farei a Israel; pero na túa familia non haberá nunca un vello.
33
Non arrincarei todos os teus de onda o meu altar, mentres non se ensuman os teus ollos e o teu espírito esmoreza; pero os máis da túa familia morrerán pola man dos homes.
34
Sírvache de sinal o que lles vai vir ós teus dous fillos, Hofní e Pinhás: morrerán os dous no mesmo día.
35
Eu escollerei un sacerdote fiel, que faga o que eu quero e desexo. Dareille unha familia duradeira e camiñará sempre en conformidade co meu unxido.
36
Os que sobrevivan da túa familia iranse postrar diante del, por unha moeda de prata e un anaco de pan, e pediranlle: emprégame en calquera función sacerdotal, para ter algo que comer".
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31