bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 4
1 Samuel 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 5 →
1
A palabra de Samuel chegaba a todo Israel. Os israelitas saíron á guerra en contra dos filisteos. Acamparon en Eben—ha—Ézer e os filisteos en Afec.
2
Os filisteos puxéronse en orde de combate cara ós israelitas. Desatada a batalla, os israelitas sufriron unha grave desfeita, diante dos filisteos, que lles mataron no campo, dentro das súas ringleiras, case catro mil homes.
3
Cando a tropa volveu ó campamento, os anciáns de Israel preguntábanse: —"Por que nos deixou hoxe o Señor sufrir esta desfeita ante os filisteos? Levemos connosco de Xiloh a arca da alianza do Señor. Se vén El connosco, libraranos da man dos nosos inimigos".
4
Mandaron, pois, xente a Xiloh, para que trouxesen de alí a arca da alianza do Señor dos exércitos, que ten o trono enriba dos querubíns. Coa arca da alianza de Deus ían os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.
5
Cando a arca da alianza do Señor chegou ó campamento, Israel botou un berro de guerra tan grande que a terra tremeu.
6
Os filisteos que o oíron, preguntaban: —"Que é ese gran berro de guerra, no campamento dos hebreos?" Souberon que chegara ó campamento a arca do Señor
7
e, mortos de medo, dicían: —"Entraron os deuses no campamento! Pobres de nós! Cousa coma ela aínda non acontecera.
8
Pobres de nós! Quen nos librará agora da man de deuses tan podentes? Eles son os que feriron ós exipcios con tantas pragas e pestes.
9
Coraxe, filisteos! Sede homes, para non convertervos en escravos dos hebreos, como eles o foron nosos. Sede homes e loitade!"
10
Os filisteos botáronse ó combate e venceron ós israelitas, que fuxiron, cada un para á súa tenda. Foi unha grave desfeita. Da infantería de Israel caeron trinta mil homes.
11
A arca de Deus foi capturada e morreron os dous fillos de Elí, Hofní e Pinhás.
12
Un home benxaminita saíu correndo do campo da batalla e chegou no día a Xiloh, coas vestiduras rachadas e a cabeza cuberta de po.
13
Entrou onda Elí e atopouno sentado na cadeira, onda a porta, enxergando a carreira, pois tremíalle o corazón pola arca de Deus. O home entrara coa súa noticia na cidade e a xente toda berraba.
14
Cando Elí oíu aqueles berros, preguntou: —"Que barullo é ese?" O tempo, o home entraba correndo onda Elí para darlle a noticia.
15
Elí cumprira noventa e oito anos; tiña os ollos ríxidos e xa non podía ver.
16
O home díxolle: —"Eu son o que chegou hoxe do campo da batalla". E el preguntoulle: —"Que pasou, meu fillo?"
17
O mensaxeiro respondeulle: —"Os israelitas fuxiron diante dos filisteos e o exército sufriu a meirande desfeita. Morreron os teus dous fillos, Hofní e Pinhás, e a arca de Deus foi capturada".
18
En dicindo o home a arca de Deus, Elí caeu da cadeira cara atrás, ó pé da porta, descrocouse e morreu. Era vello e estaba torpe. Fora xuíz de Israel corenta anos.
19
A súa nora, a muller de Pinhás, estaba embarazada, preto da hora de parir. En oíndo a noticia de que a arca de Deus fora capturada e de que morreran o seu sogro e o seu home, sentiu as dores do parto, engruñouse e pariu.
20
Estando á morte, as mulleres que a asistían, dicíanlle: —"Non teñas medo. Pariches un fillo". Pero ela non respondeu, nin tan sequera se decatou.
21
O neno puxéronlle o nome de Icabod, querendo dicir: —"Foi desterrada a gloria de Israel, pola captura da arca de Deus e pola morte do sogro e do home".
22
E repetían: —"Foi desterrada a gloria de Israel ó capturaren a arca de Deus".
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31