bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 12
1 Samuel 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 13 →
1
Samuel faloulle a todo Israel: —"Xa vedes que vos atendín en todo o que me pedistes. Deivos un rei que vos goberne.
2
Agora aí tedes o rei para que vos guíe. Eu vou vello, encanecido, e os meus fillos están convosco. Eu andei diante de vós desde a miña mocidade ata agora.
3
Aquí me tedes. Testemuñade contra min na presenza do Señor e na do seu unxido. A quen lle quitei un boi? A quen, un burro? A quen asoballei? A quen causei prexuízo? De quen aceptei un agasallo que me fixese pechar os ollos ante a súa conduta? Falade e devolveréivolo".
4
Responderon eles: —"Non nos asoballaches, non nos prexudicaches, non lle quitaches a ninguén cousa ningunha".
5
El engadiu: —"Poño de testemuñas hoxe contra vós ó Señor e ó seu unxido, de que non atopastes na miña man cousa ningunha". Responderon eles: —"Sexan testemuñas".
6
E Samuel dixo: —"Sexa testemuña o Señor, quen chamou a Moisés e a Aharón e que sacou ós vosos pais da terra de Exipto.
7
Agora comparecede, que quero eu pedirvos contas diante do Señor dos favores que El vos fixo, a vós e a vosos pais.
8
Cando Xacob baixou a Exipto e os exipcios vos oprimiron, os vosos pais berraron cara ó Señor, e o Señor mandou a Moisés e a Aharón, que os sacaron de Exipto, para establecelos neste lugar.
9
Eles esquecéronse logo do Señor, o seu Deus, e El vendeunos a Sísera, xeneral do exército de Hasor, e entregounos na man dos filisteos e do rei de Moab, que lles fixeron a guerra.
10
Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.
11
O Señor enviou a Ierubaal, a Barac, a Iefté e a Sansón, librouvos da man dos inimigos do arredor e puidestes vivir tranquilos.
12
Mais, cando vistes que Nahax, rei dos amonitas, viña contra vós, dixéstesme: Non. Queremos ser gobernados por un rei, sendo que o voso rei é o Señor, voso Deus.
13
Agora aí tedes o rei que vós pedistes e escollestes. Nel o Señor deuvos un rei.
14
Se temedes ó Señor e o servides, se obedecedes e non sodes rebeldes, se vós e o rei que reine sobre vós seguides o Señor, voso Deus, iravos ben.
15
Pero se non obedecedes ó Señor e se sodes rebeldes, a man do Señor pesará duro sobre vós, coma sobre os vosos pais.
16
Agora dispóndevos a asistir ó gran milagre que o Señor vai facer diante de vós.
17
Non estamos no tempo da seitura? Pois vou invocar o Señor, para que mande vir tronos e choiva. Con iso darédesvos conta da gran maldade que cometestes ós ollos do Señor pedíndolle un rei".
18
Samuel invocou ó Señor e, naquel mesmo día, mandou o Señor tronos e choiva. O pobo todo, cheo de medo do Señor e de Samuel,
19
díxolle a este: —"Pídelle ó Señor, o teu Deus, para que estes teus servos non morramos, pois ós pecados que xa tiñamos, engadimos agora a maldade de pedir un rei".
20
Samuel díxolle ó pobo: —"Non temades. Cometestes esa maldade; pero agora non vos afastedes do Señor e servídeo con todo o corazón.
21
Non vos arrededes del para ir detrás de vaidades, que non son de proveito e non salvan, pois son só vaidade.
22
O Señor non rexeita ó seu pobo, por mor do seu mesmo nome. O Señor quixo que vós fósedes o seu pobo.
23
En canto a min, líbreme Deus do pecado de deixar de pregar por vós e de mostrarvos o bo camiño.
24
Temede ó Señor e servídeo de verdade e de corazón, pois ben vedes os grandes favores que vos fixo.
25
Se obrades mal, pereceredes, vós e o voso rei".
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31