bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 23
1 Samuel 23
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 24 →
1
Comunicáronlle a David: —"Os filisteos atacan Queilah e saquean as súas eiras".
2
David consultoulle ó Señor: —"Debo subir e baterme con eses filisteos?" O Señor respondeulle: —"Vai. Vencerás os filisteos e salvarás Queilah".
3
Pero os homes de David dixéronlle: —"Ves que, mesmo aquí, en Xudá, nós temos medo, canto máis se nos levas a Queilah contra as hostes dos filisteos".
4
David volveu consultar o Señor e o Señor respondeulle: —"Vai, baixa a Queilah, pois vouche poñer nas mans os filisteos".
5
David foi a Queilah cos seus homes, loitou contra os filisteos, colleulles os seus rabaños e inflixiulles unha grave desfeita. Daquela salvou David ós veciños de Queilah.
6
Abiatar, fillo de Ahimélec, que fuxira para onda David e que fora con el a Queilah, levaba consigo o efod.
7
Informaron a Xaúl de que David chegara a Queilah e pensou: —"Deus pono nas miñas mans, pois, meténdose nunha cidade con portas e ferrollos, encérrase a si mesmo".
8
Xaúl convocou á guerra a todo o exército, a fin de baixar a Queilah e pórlle o cerco a David e ós seus homes.
9
O saber David que Xaúl estaba tramando a súa perdición, díxolle ó sacerdote Abiatar: —"Trae aquí o efod".
10
E David consultou: —"Señor, Deus de Israel, o teu servo oíu dicir que Xaúl decidiu vir a Queilah e arrasar, por culpa miña, a cidade.
11
Señor, Deus de Israel, baixará Xaúl, conforme o teu servo oíu dicir? Respóndelle ó teu servo". O Señor respondeulle: —"Baixará".
12
David preguntou: —"Entregarannos, os donos de Queilah, a min e ós meus homes, nas mans de Xaúl?" E o Señor respondeulle: —"Entregaranvos".
13
Entón David e os seus homes, en número duns seiscentos, saíron de Queilah e camiñaron por onde lles pareceu. Informaron a Xaúl de que David fuxira de Queilah e desistiu da súa expedición.
14
David refuxiouse no ermo e morou na montaña do deserto de Zif. Xaúl andaba todos os días na súa busca pero Deus non o deixou caer nas súas mans.
15
Estando en Horex, no deserto de Zif, David tivo medo, pois soubo que Xaúl saíra para matalo.
16
Ionatán, fillo de Xaúl, chegouse a Horex, onda David, para fortalecerlle a confianza en Deus.
17
Díxolle: —"Non teñas medo. A man de meu pai Xaúl non te tocará. Ti serás rei de Israel e eu serei o teu segundo. Sábeo mesmo o meu pai Xaúl".
18
E fixeron os dous un pacto diante do Señor. Despois David quedou en Horex e Ionatán tornou para a súa casa.
19
Algúns homes de Zif subiron a Guibah, onda Xaúl, e informárono: —"David escóndese onda nós, nos refuxios de Horex, no alto de Haquilah, ó sur de Ieximón.
20
Xa que logo, rei, baixa, se queres. Entregalo nas mans do rei queda da nosa conta".
21
Xaúl díxolles: —"Que o Señor volo pague, pois compadecéstesvos de min.
22
Ide e asegurádevos. Informádevos e vede por onde anda e quen son os que o viron por alí, pois dixéronme que é home moi arteiro.
23
Rexistrade os recunchos onde se esconde e volvede cos datos precisos. Entón irei eu convosco e, se se encontra nesa bisbarra, buscareino entre todas as familias de Xudá".
24
Eles colleron entón e fóronse a Zif, adiantándose a Xaúl. David retirárase cos seus homes cara ó deserto de Maón, na estepa, ó sur de Ieximón.
25
Xaúl púxose a buscalo cos seus homes. Pero informaron diso a David e baixou para onda os penedos que hai no deserto de Maón. Cando Xaúl o soubo, foi polo deserto adiante, perseguíndoo.
26
Xaúl ía por un lado do monte e David cos seus homes polo outro. David ía de présa, para escapar de Xaúl, e Xaúl cos seus homes cercaba a David e ós seus, para atrapalos.
27
Estando niso, chegoulle unha mensaxe a Xaúl: —"Vén de seguida, que os filisteos están invadindo o país".
28
Xaúl entón deu a volta e deixou de perseguir a David, para ir e saírlles ó paso ós filisteos. Por iso se lle chamou a aquel sitio rocha da separación.
← Chapter 22
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 24 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31