bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 24
1 Samuel 24
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 25 →
1
David marchou de alí e asentouse nos refuxios de En—Guedí.
2
Cando voltaba Xaúl de perseguir os filisteos, informárono: —"David está no deserto de En—Guedí".
3
Entón colleu Xaúl tres mil soldados escolleitos de todo Israel e foise en busca de David e dos seus homes por fronte dos rochedos de Ielim.
4
Chegaron onda os currais de ovellas que hai á beira do camiño, onde había unha cova, e Xaúl entrou nela para facer as necesidades, cando David e os seus homes estaban no fondo da cova.
5
Os homes dixéronlle a David: —"Este é o día do que che falou o Señor: eu poreiche nas mans o teu inimigo. Fai con el o que mellor che pareza". David ergueuse caladamente e cortoulle a Xaúl un anaco do manto.
6
Despois diso a David latexáballe con forza o corazón por cortar o anaco do manto de Xaúl
7
e díxolles ós seus homes: —"Deus me libre de facerlle ó meu señor, o unxido de Deus, unha cousa así, coma pór enriba del a miña man, sendo como é o unxido do Señor".
8
Con esas palabras David contivo os seus homes e non deixou que se botasen a Xaúl.
9
Logo que Xaúl saíu da cova e colleu o camiño, tamén David saíu da cova detrás del e berroulle: —"Rei, meu señor!" Xaúl volveu a vista atrás e viu a David baixando a cabeza e prostrándose polo chan.
10
David díxolle: —"Por que lles dás creto ós que che din: mira que David busca o teu mal?
11
Cos teus mesmos ollos puideches hoxe ver que o Señor te entregou nas miñas mans dentro da cova. Dixéronme que te matase, pero eu respecteite pensando: non erguerei as miñas mans contra o meu señor; el é o unxido do Señor.
12
Olla, meu pai, e mira aquí na miña man un anaco do teu manto. Se cortei un anaco do teu manto e non te matei, podes ver que nas miñas mans non hai traizón nin maldade. Eu non che faltei en nada e ti andas á caza da miña vida para quitarma.
13
Sexa o Señor o noso xuíz e que el me vingue de ti. Pero a miña man non se erguerá contra ti.
14
Como di o vello refrán: dos malvados sae a maldade. Pero a miña man non se erguerá contra ti.
15
Tras de quen anda o rei de Israel? A quen está perseguindo? A un can morto, a unha pulga.
16
Que xulgue e decida o Señor entre ti e min; que vexa El e defenda a miña causa; que El me faga xustiza, librándome da túa man".
17
Cando acabou David de dicir esas palabras, Xaúl exclamou: —"David, meu fillo, é esa a túa voz?" E rompeu en saloucos.
18
Despois díxolle: —"Ti es máis xusto ca min, pois ti págasme con bens e eu correspóndoche con males.
19
Hoxe mostraches ben a túa bondade comigo: o Señor púxome nas túas mans e ti non me mataches.
20
Se un se atopa co seu inimigo, deixarao marchar en paz?
21
Que o Señor che pague a bondade que hoxe mostraches comigo. Agora sei certamente que ti chegarás a ser rei, que o reino de Israel se consolidará nas túas mans.
22
Xúrame, logo, polo Señor que non anicarás os meus descendentes tras de min, nin borrarás o meu nome da casa de meu pai".
23
David xuroullo. Despois volveuse Xaúl para a súa casa e David subiu ó refuxio cos seus homes.
← Chapter 23
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 25 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31