bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 22
1 Samuel 22
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 23 →
1
David marchou de alí e foise esconder á furna de Adulam. Soubérono os seus irmáns e toda a súa familia e foron alí onda el.
2
O redor del xuntáronse xentes que estaban en apuros, homes cargados de débedas e desesperados da vida. David foi o seu xefe. Chegou a haber ó seu arredor coma catrocentos homes.
3
De alí foi David a Mispah de Moab. E díxolle ó rei de Moab: —"Permite que meu pai e miña nai queden aquí convosco, ata que eu acabe de saber o que Deus quere de min".
4
Presentoullos ó rei de Moab e eles quedaron alí todo o tempo que David estivo no refuxio.
5
O profeta Gad díxolle a David: —"Non quedes nese refuxio. Vai e entra na terra de Xudá". David marchou de alí e meteuse no bosque de Háret.
6
Chegoulle noticia a Xaúl de que se soubera de David e dos seus homes, mentres estaba el en Guibah, sentado debaixo dun tamarisco, no outeiro, coa lanza na man e rodeado dos seus servidores.
7
Xaúl faloulles deste xeito: —"Escoitádeme, benxaminitas. Polo visto o fillo de Ixaí vai repartir entre todos vós agros e viñas e vaivos nomear a todos xefes de milleiro e de centuria,
8
pois conspirades todos contra min e ninguén me informou do pacto de meu fillo co fillo de Ixaí. Ninguén de vós ten dó de min. Ninguén me descubriu que o meu fillo ergueu contra min a un servo meu, que me está axexando agora mesmo".
9
Respondeulle Doeg, o edomita, un dos servidores de Xaúl: —"Eu vin o fillo de Ixaí chegar a Nob, onda Ahimélec, fillo de Ahitub,
10
que consultou ó Señor por el, forneceuno de provisións e deulle a espada de Goliat, o filisteo".
11
O rei mandou chamar polo sacerdote Ahimélec, fillo de Ahitub, e por toda a súa familia de sacerdotes de Nob. Compareceron todos onda o rei
12
e Xaúl dixo: —"Escóitame, fillo de Ahitub". E el respondeu: —"Aquí estou, meu Señor".
13
Xaúl preguntoulle: —"Por que vos conxurastes contra min ti e o fillo de Ixaí? Ti décheslle pan e unha espada e consultaches a Deus por el, para que se repuxese contra min e me axexase, cousa que está facendo xa".
14
Ahimélec respondeulle ó rei: —"Quen dos teus servos é de fiar coma David, xenro do rei, xefe da túa garda, honrado no teu pazo?
15
É hoxe a primeira vez que consulto a Deus por el? Mais Deus me libre! Non lle apoña o rei ó seu servidor nin á súa familia esas cousas, pois o teu servo non sabe nin pouco nin moito sobre iso".
16
O rei díxolle: —"Vas morrer, Ahimélec, ti e toda a túa familia".
17
O rei mandoulles ós soldados da súa garda: —"Cercade os sacerdotes do Señor e matádeos, xa que se puxeron de parte de David e sabendo que fuxía non me deron aviso". Pero os servidores do rei non quixeron erguer as mans para matar os sacerdotes do Señor.
18
O rei díxolle entón a Doeg: —"Acércate ti e mátaos". E Doeg o edomita achegouse, pegou nos sacerdotes e matounos: oitenta e cinco homes, que levaban efod de liño.
19
Na cidade sacerdotal de Nob, Xaúl fixo matar co gume da espada homes e mulleres, rapaces e nenos; e mesmo bois, asnos e ovellas caeron polo gume da espada.
20
Salvouse un fillo de Ahimélec, fillo de Ahitub, que se chamaba Abiatar, fuxindo para onda David.
21
Abiatar contoulle a David como Xaúl fixera matar os sacerdotes do Señor.
22
E David díxolle a Abiatar: —"Xa sabía eu aquel día que, estando alí Doeg o edomita, informaría a Xaúl. Eu son o responsable da morte de toda a túa familia.
23
Ti queda comigo e non teñas medo. O que intente matarte a ti, terá que matarme a min. Onda min estarás seguro".
← Chapter 21
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 23 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31