bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 5
1 Samuel 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 6 →
1
Os filisteos capturaron a arca de Deus e levárona de Eben—ha—Ézer a Axdod.
2
Alí collérona, introducírona no santuario de Dagón e puxérona ó seu lado.
3
O outro día, ó erguérense as xentes de Axdod, atoparon a Dagón de fociños no chan diante da arca do Señor. Eles collérono e volvérono ó seu sitio.
4
O seguinte día erguéronse cedo e atoparon a Dagón outra vez de fociños no chan diante da arca do Señor. A cabeza e as mans de Dagón xacían tronzadas onda o limiar e quedáballe só o tronco.
5
Por iso aínda agora os sacerdotes de Dagón e calquera que entre no seu santuario, non pisan no seu limiar.
6
A man do Señor pesou moi dura sobre as xentes de Axdod. Estarreceu con furunchos a cidade e os seus arredores.
7
A vista do que pasaba, as xentes de Axdod decidiron: —"Que non quede onda nós a arca do Deus de Israel, pois a súa man endureceuse contra nós e contra Dagón, o noso deus".
8
Entón convocaron a todos os seus príncipes e consultáronlles: —"Que habemos facer coa arca de Deus de Israel?" E eles responderon: —"Que a leven a Gat". E trasladárona alí.
9
Pero, en canto chegou alí a arca, a man do Señor pesou sobre a cidade. Houbo un gran estremecemento, pois o Señor feriu cunha praga de furunchos a toda a poboación, ós pequenos e ós grandes.
10
Entón mandaron a arca de Deus cara a Ecrón. En canto a arca chegou alí, os ecronitas queixábanse dicindo: —"Trouxeron onda nós a arca do Deus de Israel. Será a nosa morte e a das nosas familias".
11
Entón convocaron de segundas a todos os seus príncipes e dixéronlles: —"Levade a arca do Deus de Israel, que volva ó seu sitio, non nos mate a nós e á nosa xente". Había un medo de morte na cidade, pois pesara alí moi dura a man de Deus.
12
A xente que non morría, era ferida de furunchos. O brado da cidade subía cara ó ceo.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31