bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 6
1 Samuel 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 7 →
1
A arca do Señor estivo sete meses na terra dos filisteos.
2
Os filisteos convocaron entón os seus sacerdotes e adiviños, para consultarlles: —"Que habemos facer coa arca de Iavé? Dicídenos a maneira de volvela ó seu sitio".
3
Eles respondéronlles: —"Se queredes devolver a arca do Deus de Israel, non a volvades de baleiro; pagádelle unha ofrenda expiatoria. Entón sandaredes e veredes por que a man do Señor non deixou de mancarvos".
4
Os filisteos preguntaron: —"Que ofrenda expiatoria lle podemos pagar?" Eles responderon: —"Cinco furunchos de ouro e cinco ratos de ouro, conforme o número dos príncipes dos filisteos, xa que a mesma praga vos aflixiu a vós e ós vosos príncipes.
5
Facede imaxes dos furunchos e dos ratos que estragaron o país, e rendédelle homenaxe ó Deus de Israel. Quizais entón alixeire a súa man sobre vós e sobre os vosos deuses e a vosa terra.
6
Para que mostrarvos teimudos, como fixeron os exipcios e o seu faraón, que soamente deixaron saír a Israel despois que o Señor os castigou?
7
Agora facede un carro novo, collede dúas vacas que estean criando e que non foran nunca xunguidas e poñédeas ó carro, deixando os seus becerriños pechados no cortello.
8
Despois colocades no carro a arca do Señor e, á carón dela, unha caixa cos obxectos de ouro que lle dades como ofrenda expiatoria, e botádelo, que se vaia.
9
Fixádevos ben: se colle o camiño do seu país, subindo cara a Betxémex, entón é que foi ese Deus quen vos causou tantas desgrazas; daquela saberemos que non foi a súa man a que nos feriu, senón un casual".
10
E fixérono así. Colleron dúas vacas de cría e puxéronas ó carro, deixando os seus becerriños pechados no cortello.
11
Colocaron no carro a arca do Señor e a caixa cos ratos de ouro e coas imaxes dos furunchos.
12
As vacas foron dereitas polo camiño de Betxémex, bruando namentres andaban o camiño, sen arredarse nin á dereita nin á esquerda. Os príncipes dos filisteos seguíanas detrás, ata os confíns de Betxémex.
13
A xente de Betxémex estaba na chaira, na seitura. Cando ergueron os ollos e viron a arca, aledáronse moito.
14
O carro entrou no eido de Xosué de Betxémex e alí parou ó lado dunha gran pedra. Os veciños fixeron estelas da madeira do carro e ofreceron as vacas en sacrificio ó Señor.
15
Os levitas baixaron a arca do Señor e a caixa que contiña as imaxes de ouro e puxérono todo enriba da gran pedra. E as xentes de Betxémex ofreceron aquel día holocaustos e sacrificios ó Señor.
16
Os cinco príncipes filisteos estivéronos observando e, naquel mesmo día, volveron para Ecrón.
17
Os furunchos de ouro que os filisteos pagaron como ofrenda expiatoria ó Señor, era un por Axdod, un por Gaza, un por Axquelón, un por Gat e un por Ecrón.
18
Tocante ós ratos de ouro, estes correspondían a todas as cidades dos cinco príncipes filisteos, o mesmo prazas muradas como aldeas desgornecidas. A gran pedra na que puxeron a arca do Señor, pódese ver aínda hoxe no eido de Xosué de Betxémex.
19
Os fillos de Ieconías non se aledaron coa demais xente de Betxémex, cando viron a arca do Señor, e o Señor castigou a setenta persoas da familia. O pobo fixo dó por aquela gran mortaldade coa que os ferira o Señor.
20
Os de Betxémex preguntábanse: —"Quen poderá aturar ante o Señor, ese Deus santo? Onda quen subirá, lonxe de nós?"
21
E mandaron mensaxeiros a Quiriat Iearim con este recado: —"Os filisteos devolveron a arca do Señor. Baixade e levádea convosco".
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31