bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 7
1 Samuel 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 8 →
1
Os de Quiriat Iearim foron recoller a arca do Señor, levárona á casa de Abinadab, que estaba no outeiro, e consagraron ó seu fillo Elazar para gardala.
2
Desde o día en que a arca do Señor se instalara en Quiriat Iearim pasara moito tempo —había diso vinte anos—, e todos os israelitas estrañaban a arca do Señor.
3
Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".
4
Os israelitas desbotaron os Baales e as Axtartés e propuxeron servir só ó Señor.
5
Samuel mandoulles entón: —"Reunide en Mispah a todo Israel e pregareille ó Señor por vós".
6
Reunidos en Mispah, os israelitas sacaron auga e verquérona diante do Señor. Aquel día xexuaron e alí mesmo confesaron: —"Pecamos contra o Señor". En Mispah xulgou Samuel a Israel.
7
Cando souberon que os israelitas se xuntaran en Mispah, os príncipes dos filisteos subiron contra Israel. Oírono os israelitas e colléronlles medo ós filisteos.
8
E dixéronlle a Samuel: —"Roga, sen descanso, por nós ó Señor, noso Deus; que nos libre el da man dos filisteos".
9
Samuel colleu un año de leite e ofreceullo en holocausto ó Señor. Pregou ó Señor por Israel e o Señor escoitouno.
10
O tempo que Samuel ofrecía o sacrificio, os filisteos acercábanse para atacar a Israel. Pero o Señor mandou aquel día unha treboada que desbaratou ós filisteos. Despois estes foron vencidos polos israelitas.
11
Estes saíron de Mispah, perseguindo ós filisteos e batendo neles ata por baixo de Betcar.
12
Samuel colleu unha pedra e chantouna entre Mispah e Xen, e chamoulle Eben—ha—Ézer, querendo dicir: —"Ata aquí axudounos o Señor".
13
Os filisteos quedaron humillados e non volveron invadir os lindeiros de Israel. A man do Señor pesou sobre eles toda a vida de Samuel.
14
As cidades que os filisteos colleran a Israel, tiveron que devolverllas. Israel recuperou dos filisteos desde Ecrón ata Gat e os seus confíns. Entre Israel e os cananeos houbo paz.
15
Samuel foi xuíz de Israel por toda a súa vida.
16
Todos os anos facía un percorrido por Betel, Guilgal e Mispah, e administraba xustiza entre os israelitas en todos eses lugares.
17
Despois volvía para Ramah, onde tiña a súa casa. Desde alí gobernaba a Israel e alí tíñalle edificado un altar ó Señor.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31