bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 21
1 Samuel 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 22 →
1
David ergueuse e marchou e Ionatán volveu para a cidade.
2
David chegou a Nob, onda o sacerdote Ahimélec. Ahimélec saíu inquedo ó seu encontro e preguntoulle: —"Como é que vés só, sen compaña de ninguén?"
3
David respondeulle ó sacerdote Ahimélec: —"O rei envioume a un asunto e ordenoume: que ninguén saiba nada do asunto que che mando nin das ordes que che dei. Teño citados en certo sitio os meus homes.
4
Agora dáme cinco pans, se os tes á man, ou o que teñas".
5
O sacerdote respondeulle a David: —"Non teño á man pan común; dareiche pan consagrado, se os teus homes se gardaron do trato con mulleres".
6
David díxolle ó sacerdote: —"Non. As mulleres estannos prohibidas, coma sempre que saímos de batida. Os corpos dos meus homes están limpos. Mesmo se esta saída é ordinaria, os homes hoxe están limpos".
7
O sacerdote deulle o pan consagrado, xa que non había alí outro pan, fóra dos pans da presentación, que foran retirados da presenza do Señor, para por os quentes do día.
8
Aquel día había alí un home dos servos de Xaúl, detido no santuario, que se chamaba Doeg, edomita, xefe dos pastores de Xaúl.
9
David preguntoulle a Ahimélec: —"Non terás aquí, á man, unha lanza ou unha espada? Non traio comigo nin espada nin arma ningunha, porque a encomenda do rei era urxente".
10
O sacerdote respondeulle: —"Teño a espada de Goliat, o filisteo que ti mataches no val de Elah. Aí está, envolta nun pano, tras do efod. Se a queres, cóllea, pois aquí, fóra desa, non hai outra". David respondeulle: —"Non a hai coma ela. Dáma".
11
David foi fuxindo aquel día da presenza de Xaúl e chegou onda Aquix, rei de Gat.
12
Os servidores de Aquix comentaron con el: —"Non é ese David, o rei do país? Non era a el a quen lle cantaban en corro: Xaúl matou os seus mil, pero David os seus dez mil?"
13
David reparou naqueles comentarios e colleulle medo a Aquix, rei de Gat.
14
Entón púxose a facer o tolo diante deles, para pasar por louco. Rabuñaba as portas cos dedos e deixaba esvarar o cuspe pola barba.
15
Aquix díxolles entón ós seus serventes: —"Como vedes, este home está louco. Para que mo trouxestes aquí?
16
Seica ando eu escaso de tolos, para que traiades a este facer toladas diante miña? Vai entrar este no meu pazo?"
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31