bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 17
1 Samuel 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 18 →
1
Os filisteos reuniron os seus exércitos para a guerra, concentráronse en Socoh de Xudá e acamparon en Efesdamim, entre Socoh e Azecah.
2
Tamén Xaúl reuniu os israelitas e acamparon no val da Aciñeira, dispostos en orde de batalla, fronte dos filisteos.
3
Os filisteos estaban apostados na aba dun monte e os israelitas na do outro, co val entre os dous.
4
Das ringleiras dos filisteos saía un home dos de choque que se chamaba Goliat, nado en Gat, de case tres metros de grande.
5
Levaba un helmo de bronce na cabeza e ía vestido cunha coiraza de escamas, de bronce, de cinco mil siclos de peso.
6
As pernas levábaas cubertas de perneiras de bronce e ía cun mallo de bronce ás costas.
7
O cabo da súa lanza era coma o rolo do tecelán; a súa punta, de ferro, pesaba seiscentos siclos. Diante del ía o escudeiro.
8
Chantábase cara ás ringleiras do exército israelita e berraba: —"Por que vos dispoñedes todos para o combate? Non son eu un filisteo e vosoutros os servos de Xaúl? Escollede un dos vosos e que baixe onda min.
9
Se é home de pelexar comigo e me mata, seremos os vosos escravos; mais, se podo eu nel e o mato, seredes vós escravos nosos e quedaredes ó noso servizo".
10
E dixo aínda o filisteo: —"Eu desafío hoxe ó exército de Israel. Mandádeme un home que pelexe comigo".
11
Cando Xaúl e os israelitas oíron o que dicía o filisteo, morrían de medo.
12
David era fillo dun efrateo de Belén de Xudá, que se chamaba Ixaí e que tiña oito fillos. Nos días de Xaúl, ese home era xa vello, moi entrado en anos.
13
Os seus tres fillos máis vellos marcharan á guerra, seguindo a Xaúl. O primeiro dos tres chamábase Eliab, o segundo Abinadab e o terceiro Xamah.
14
David era o máis novo; os tres máis vellos seguían a Xaúl.
15
David ía e viña do campamento de Xaúl a Belén, para alindar os rabaños de seu pai.
16
Entrementres, o filisteo acercábase e chantábase diante de Israel, mañá e tarde; e iso xa por corenta días.
17
Ixaí mandoulle ó seu fillo David: —"Colle esta tega de gran torrado e estes dez pans e chégate ó campamento, xunto dos teus irmáns;
18
leva para o xefe estes dez queixos. Infórmate de se están ben os teus irmáns e trae contigo un sinal deles".
19
Xaúl, os irmáns de David e todo Israel estaban no val da Aciñeira, loitando cos filisteos.
20
David ergueuse cedo, encomendoulle a un pastor a garda do rabaño, cargou as cousas e foise, conforme seu pai Ixaí lle ordenara. Chegando el ó campo dos carros, saía o exército e púñase en orde de batalla, dando o berro de guerra.
21
Israelitas e filisteos aliñáronse para o combate, uns enfronte dos outros.
22
David deixou as cousas ó cargo dos que gardaban a bagaxe e foise correndo ás ringleiras preguntarlles ós irmáns pola saúde.
23
Mentres falaba alí con eles, saíu das ringleiras filisteas o valente de Gat, chamado Goliat. Repetiu as palabras de sempre e David puido oílo.
24
Os israelitas, en canto o viron, fuxían, mortos de medo.
25
Un israelita aclarou: —"Vedes ese home que se adianta? Vén para desafiar a Israel. A quen o mate, o rei cubrirao de riquezas, daralle a súa filla por muller e escusará á súa familia de pagar tributo en Israel".
26
David preguntoulles ós homes que estaban alí onda el: —"Que lle darán a quen mate a ese filisteo e tire esa aldraxe de Israel? E quen é ese filisteo incircunciso, que ousa insultar as hostes do Deus vivo?"
27
Os soldados dixéronlle o sabido: —"A quen o mate daranlle ese premio".
28
Cando Eliab, o irmán máis vello, oíu a David falando cos soldados, enfadouse con el e díxolle: —"A que viñeches ti aquí? A quen encargaches as túas catro ovellas no deserto? Eu coñezo ben o teu atrevemento e a túa malicia. Viñeches ver o combate".
29
David respondeulle: —"Que é o que fixen agora? Que era, senón unha pregunta?"
30
David retirouse de alí cara a outro lado e preguntou outra vez. E os soldados déronlle a mesma resposta cá primeira.
31
Moitos oíron as palabras que dixera David e puxérono en coñecemento de Xaúl, quen mandou que o trouxesen onda el.
32
David díxolle a Xaúl: —"Ninguén se aflixa por ese. O teu servo irá loitar contra ese filisteo".
33
Xaúl díxolle a David: —"Non podes loitar contra ese filisteo, pois ti es un rapaz e el é un guerreiro desde neno".
34
David respondeulle: —"O teu servo é pastor das ovellas de seu pai. Se chega o león ou o oso e leva unha ovella do rabaño,
35
eu saio correndo detrás del, zóupolle e arríncolla da boca. Se el se repón contra min, agárroo polas queixadas e doulle, ata matalo.
36
O teu servo ten matado tanto leóns coma osos. Ese filisteo incircunciso será coma outro deles, por desafiar as hostes do Deus vivo".
37
E David engadiu: —"O Señor que me librou das gadoupas do león e do oso, hame librar tamén das mans dese filisteo". Xaúl díxolle: —"Vai e que o Señor vaia contigo".
38
Xaúl vestiulle a David a súa roupa, púxolle un casco de bronce na cabeza, revestiuno coa súa coiraza e cinguiulle, por riba dela, a súa espada.
39
David tratou de camiñar, pero non estaba afeito a iso e díxolle a Xaúl: —"Con isto non podo camiñar porque non estou afeito". E quitou todo de encima.
40
Despois colleu o seu caxato, escolleu cinco pelouros do regato e meteunos no seu foleco; e coa fonda na man chegouse onda o filisteo.
41
O filisteo, da súa parte, adiantouse tamén cara a David, precedido do seu escudeiro.
42
Axiña que o filisteo mirou e viu a David, desprezouno, pois non era máis ca un rapaz, louro e fermoso.
43
E berroulle: —"Seica son eu un can, para que veñas cara a min cunha caxata?" E maldiciu a David no nome dos seus deuses.
44
Despois o filisteo chamou a David: —"Ven acó, que vou botar a túa carne ós paxaros do ceo e ás feras do monte".
45
David respondeulle: —"Ti vés cara a min con espada, con lanza e con frechas, mentres eu vou cara a ti no nome do Señor dos exércitos, o Deus das hostes de Israel, a quen ti aldraxaches.
46
Hoxe porate o Señor nas miñas mans e eu matareite e cortareiche a cabeza. Botareilles os cadáveres do exército filisteo ós paxaros do ceo e ás feras da terra e recoñecerá todo o mundo que hai un Deus en Israel.
47
Toda esta xente aprenderá que o Señor non outorga a vitoria ás espadas e ás lanzas. O Señor é dono da guerra e entregaravos nas nosas mans".
48
O filisteo levantouse e adiantouse cara a David, mentres David saía correndo das ringleiras ó encontro do filisteo.
49
David meteu a man no seu foleco, sacou un pelouro, disparouno coa fonda e acertoulle na testa ó filisteo. O cantazo cravóuselle na testa e el caeu de fociños na terra.
50
David derrotou ó filisteo coa fonda e co cantazo. Feriuno e matouno sen espada.
51
Despois David foi correndo, botouse no filisteo, arrincoulle a espada da vaíña e rematouno, cortándolle con ela a cabeza. Cando viron morto o seu xefe, os filisteos saíron correndo.
52
Entón os soldados de Israel e de Xudá, dando o berro de combate, emprenderon a persecución dos filisteos ata a entrada de Gat e ata as portas de Ecrón. Moitos filisteos caeron mortos nese treito, no camiño de Xaraim.
53
Os israelitas deixaron de perseguir os filisteos e volveron para saquear o seu campamento.
54
David colleu entón a cabeza do filisteo e levouna a Xerusalén. As armas gardounas na súa tenda.
55
Cando vira Xaúl que David saíra ó encontro do filisteo, preguntáralle a Abner, xeneral do seu exército: —"Abner, de quen é fillo ese rapaz?" E Abner respondéralle: —"Pola túa vida, meu rei, que non o sei".
56
E o rei díxolle: —"Pregunta de quen é fillo".
57
Cando David viña de volta de matar o filisteo, Abner colleuno e presentoullo a Xaúl, coa cabeza do filisteo na súa man.
58
Xaúl preguntoulle: —"De quen es fillo, rapaz?" E David respondeulle: —"Do teu servo Ixaí de Belén".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31