bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 28
1 Samuel 28
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 29 →
1
Daquela reuniron os filisteos as súas tropas para facer a guerra a Israel e Aquix díxolle a David: —"Sabes que tes que vir comigo á guerra, ti e mais os teus homes".
2
David respondeulle a Aquix: —"E ti saberás agora de que é capaz o teu servo". E Aquix díxolle: —"Daquela, poreite para sempre de garda da miña persoa".
3
Entre tanto, Samuel morrera. Todo Israel chorara por el e enterrárano en Ramah, a súa cidade. Xaúl desterrara do país ós nigromantes e ós adiviños.
4
Os filisteos reuníronse e acamparon en Xunem. Xaúl, pola súa parte, reuniu a todo Israel e acamparon en Guilboa.
5
O ver Xaúl o campamento filisteo, tivo medo e tremíalle o corazón.
6
Xaúl consultou o Señor, pero o Señor non lle respondeu nin por soños, nin polas sortes, nin por profetas.
7
Entón ordenoulles Xaúl ós seus criados: —"Buscádeme unha muller que convoque os mortos para ir consultar por ela". Os seus servidores respondéronlle: —"Aquí cerca, en Endor, hai unha muller que convoca os mortos".
8
Xaúl disfrazouse, vestindo roupas alleas, foi con dous dos seus homes e entrou de noite onda a muller. Xaúl ordenoulle: —"Adivíñame o porvir, chamando un morto. Fai subir a quen eu che diga".
9
A muller respondeulle: —"Ti sabes seguramente o que fixo Xaúl, que desterrou deste país ós nigromantes e ós adiviños. Por que me tendes agora unha trampa, para facéresme morrer?"
10
Xaúl xuroulle polo Señor: —"Vive o Señor, que non che ha vir por isto mal ningún".
11
A muller preguntoulle entón: —"A quen queres que chame?" El respondeulle: —"Convoca a Samuel."
12
Cando a muller viu a Samuel, pegou un berro e díxolle a Xaúl: —"Por que me enganaches? Ti es Xaúl".
13
O rei díxolle: —"Non teñas medo. Que é o que ves?" A muller díxolle a Xaúl: —"Vexo un espírito que sobe da terra".
14
El preguntoulle: —"Que aspecto ten?" Ela dixo: —"O dun home vello, envolto nun manto". Xaúl comprendeu que era Samuel e inclinouse, deitándose no chan.
15
Samuel preguntoulle a Xaúl: —"Por que me amolas facéndome subir?" Xaúl respondeulle: —"Véxome en gran apuro. Os filisteos decláranme a guerra e Deus arredouse de min: non me responde nin por profetas nin por soños. Chameite a ti para que me digas o que hei facer".
16
Samuel díxolle: —"E que me preguntas a min, se o Señor se arredou de ti e se fixo o teu inimigo?
17
O Señor está cumprindo o que dixera por min. Arrinca o reino das túas mans, para darllo a outro, a David.
18
Xa que ti non obedeciches as ordes do Señor e non fixeches sentir a Amalec o fogo da súa carraxe, por iso trátate o Señor hoxe deste xeito.
19
O Señor entrega contigo tamén a Israel na man dos filisteos. Mañá ti e mais os teus fillos estaredes comigo, e o Señor entregará tamén nas mans dos filisteos o exército de Israel".
20
De súpeto Xaúl caeu polo chan, tan longo como era, morto de medo polas palabras de Samuel. Amais estaba desfalecido, pois non comera nada en todo o día e en toda a noite.
21
A muller acercouse a Xaúl e, ó velo tan amedrentado, díxolle: —"Ti ves que a túa serva obedeceu as túas ordes; por facer caso das túas palabras, arrisquei a miña vida.
22
Agora obedece ti tamén á túa serva e déixame que che poña diante un anaco de pan, para que, comendo, recobres as forzas e poidas seguir o teu camiño".
23
El refugouno dicindo: —"Non quero comer". Pero os seus servidores e mais a muller seguíronlle porfiando e el fíxolles caso. Erguéndose do chan, sentouse no escano.
24
A muller tiña na casa un becerro cebado e foi axiña matalo. Logo colleu fariña e amasouna e coceu unhas fogazas.
25
Serviulle de todo a Xaúl e ós seus servidores, que comeron. Despois, na mesma noite, botáronse ó camiño.
← Chapter 27
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 29 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31