bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 13
1 Samuel 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 14 →
1
Xaúl tiña os seus anos cando empezou a reinar e reinou vinte e dous anos sobre Israel.
2
Escolleu para si tres mil israelitas. Dous mil estaban con el en Micmás e na montaña de Betel e os outros mil estaban con Ionatán, en Gueba de Benxamín. O resto do pobo mandouno para as súas casas.
3
Ionatán destruíu o posto filisteo que había en Gueba e os filisteos soubérono. Xaúl mandou tocar a trompeta por todo o país para dicir: —"Que os hebreos escoiten".
4
Todo Israel oíu dicir que Xaúl destruíra o posto dos filisteos e que Israel rompera con eles. O exército reuniuse con Xaúl en Guilgal.
5
Os filisteos reuníronse tamén para facer a guerra a Israel. Contaban con tres mil carros, seis mil de cabalería e un exército de a pé coma a area das praias. Subiron a acampar en Micmás ó leste de Bet—Aven.
6
Os israelitas víronse en apuro, porque estaban cercados; e escondíanse en covas e nas fendas das rochas, en buratos e en pozos.
7
Algúns pasaron o Xordán, cara ó país de Gad e de Galaad. Xaúl seguía en Guilgal, mais a xente que estaba con el arreguizaba co medo.
8
Agar—dou sete días, o prazo fixado por Samuel. Pero Samuel non daba chegado a Guilgal e a xente empezaba a espallarse.
9
Entón dispuxo Xaúl: —"Traédeme as vítimas para o holocausto e para o sacrificio de comuñón". E ofreceu el o holocausto.
10
Cando acababa de ofrecer o holocausto, presentouse Samuel. Xaúl saíulle ó encontro e saudouno.
11
Samuel preguntoulle: —"Que fixeches?" E Xaúl respondeulle: —"O ver que o pobo se espallaba, que ti non chegabas no prazo fixado e que os filisteos se concentraban en Micmás,
12
pensei para min: agora os filisteos botaránseme enriba, en Guilgal, sen ter eu aínda aplacado ó Señor. E atrevinme a ofrecer o holocausto".
13
Samuel díxolle a Xaúl: —"Obraches coma un necio. Se seguises as ordes que o Señor, o teu Deus, che deu, o Señor afincaría para sempre o teu reinado sobre Israel.
14
Pero agora o teu reinado non se manterá. Xa que ti non obedeciches as ordes do Señor, o Señor buscou un home do seu gusto e decidiu que fose el o xefe do seu pobo".
15
Samuel subiu de Guilgal e seguiu polo seu camiño. O exército que lle quedara a Xaúl subiu con este ó encontro dos filisteos. De Guilgal dirixiuse a Gueba de Benxamín. Xaúl pasou revista á xente que estaba con el: eran coma seiscentos homes.
16
Xaúl, o seu fillo Ionatán e os homes que ían con eles, asentáronse en Gueba de Benxamín. Os filisteos, pola súa parte, acamparon en Micmás.
17
Do campamento filisteo saía unha forza de combate que se dividía en tres corpos: un colleu o camiño de Ofrah, cara ó país de Xual;
18
outro dirixiuse a Bet—Horón e o terceiro encamiñouse cara á fronteira que domina o val de Seboím, cara ó deserto.
19
Daquela en todo o país de Israel non se atopaba un ferreiro. Os filisteos pretendían: "que non haxa quen lles forxe ós hebreos nin espada nin lanza".
20
E os israelitas tiñan que baixar onda os filisteos para aguzar as rellas do arado, as eixadas, as machetas e as fouces.
21
Afiar unha rella e unha eixada custáballes dous terzos de siclo, e un terzo unha macheta e unha cuña.
22
E sucedía que, no día da batalla, non se atopaba nas mans dos homes que ían con Xaúl e con Ionatán nin espada nin lanza, fóra da espada e da lanza que levaban eles os dous.
23
Un pelotón dos filisteos saíu cara ó desfiladeiro de Micmás.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31