bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 30
1 Samuel 30
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 31 →
1
Cando, ó cabo de tres días, chegaron a Siquelag David e os seus homes, os amalecitas invadiran o Négueb e Siquelag. A Siquelag arrasárano e prendéranlle lume.
2
Levaran cativas as mulleres e todo o que había alí, pequeno ou grande. Non mataran a ninguén, pero collérano todo e emprenderan camiño de volta.
3
Cando David e os seus homes entraron na cidade, viron que estaba queimada e que as súas mulleres e os seus fillos foran levados prisioneiros.
4
David e a xente que ía con el botáronse a chorar, berrando ata acabárselles as forzas.
5
Tamén foran cativas as dúas mulleres de David, Ahinoam de Iezrael e Abigail, a que fora muller de Nabal de Carmel.
6
David viuse, daquela, en gran apuro, pois a xente, aflixida, cada un polos seus fillos e as súas fillas, falaban de apedralo. David atopou conforto no Señor, o seu Deus,
7
e díxolle ó sacerdote Abiatar, fillo de Ahimélec: —"Tráeme aquí o efod". E Abiatar acercoullo.
8
David consultou o Señor, preguntando: —"Perseguirei esa banda? Atrapareina?" E o Señor respondeulle: —"Persígueos; atraparalos e rescatarás o que levaron".
9
David foi cos seiscentos homes que o acompañaban e chegaron á fervenza de Besor, onde algúns deles quedaron.
10
David seguiu a persecución con catrocentos homes. Douscentos deles quedaron, cansos de máis para atravesar a fervenza de Besor.
11
No campo atoparon un exipcio e leváronllo a David. Déronlle pan e auga, para que comese e bebese,
12
e tamén torta de figos e dous acios de uvas pasas. En comendo, reanimouse, pois levaba tres días e tres noites sen comer nin beber.
13
Entón preguntoulle David: —"De quen es e de onde vés?" El respondeulle: —"Son un mozo exipcio, servo dun amalecita. O meu amo abandonoume, porque me puxen malo, hai tres días.
14
Fixeramos unha incursión polo Négueb dos quereteos, o de Xudá e o de Caleb, e prenderámoslle lume a Siquelag".
15
David preguntoulle aínda: —"Levaríasme onda esa banda?" El respondeulle: —"Se me xuras que non me matarás nin me porás nas mans do meu amo, levareite onde está a banda".
16
Guiounos alá e atopáronos ciscados polo campo, comendo e bebendo e facendo festa, pola gran facenda que levaran da terra dos filisteos e do país de Xudá.
17
David mallou neles da mañá á noite. Só se salvaron de entre todos coma catrocentos mozos, que escaparon montados en camelos.
18
David rescatou todo o que os amalecitas levaran e salvou as súas dúas mulleres.
19
Non botaron en falta a ninguén, nin pequeno nin grande, nin fillo nin filla, nin nada dos espolios de todo o que roubaran. David recobrouno todo.
20
A xente colleu dos rabaños e dos bois e presentoullo a David dicindo: —"Está é a parte de David".
21
Despois volveu David onda os douscentos homes que, por cansos, non puideran seguilo e quedaran onda a fervenza de Besor. Eles saíran ó encontro de David e da xente que fora con el. David acercouse e saudounos.
22
Algúns malvados de entre os homes que foran con David, dicían: —"Xa que non foron canda nós, que non se lles dea nada dos espolios que rescatamos, fóra da muller e dos fillos. Que os collan e que se vaian".
23
Mais David dixo: —"Non fagades iso, irmáns, visto o que o Señor fixo por nós, gardándonos e póndonos nas mans esa banda que viña contra nós.
24
Quen podería estar de acordo con esa vosa proposta? Porque a parte dos que descenden ó combate é a mesma cá dos que gardan a bagaxe. Todos terán a mesma parte".
25
Desde aquel día en adiante, e ata hoxe, iso quedou coma lei e norma en Israel.
26
Chegado de volta a Siquelag, David mandoulles parte do botín ós anciáns de Xudá e ós seus amigos, dicindo: —"Aí tedes un agasallo, do botín dos inimigos do Señor".
27
Mandóullelo ós de Betuel, ós de Ramot do Négueb e ós de Iatir,
28
ós de Aroer, ós de Sifemot e ós de Extemoa,
29
ós de Carmel, ós das cidades dos ierahmelitas e ós das dos quenitas,
30
ós de Hormah, ós de Boraxán e ós de Atac,
31
ós de Hebrón e ós de todos os lugares que David percorrera cos seus homes.
← Chapter 29
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 31 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31