bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 11
1 Samuel 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 12 →
1
Subiu Nahax o amonita e puxo o campamento contra Iabex de Galaad. Os de Iabex propuxéronlle a Nahax: —"Fai unha avinza connosco e seremos vasalos teus".
2
Nahax o amonita respondeulles: —"Farei un pacto convosco coa condición de arrincarvos a todos o ollo dereito, sinal de afronta para todo Israel".
3
Os vellos de Iabex dixéronlle: —"Concédenos sete días, para mandarmos mensaxeiros por todo o país de Israel. Se non houbese quen nos axude, quedarémosche sometidos".
4
Os mensaxeiros chegaron a Guibah de Xaúl e contaron o caso ós oídos do pobo. Todo o mundo rompeu a chorar.
5
Niso volvía Xaúl do agro, tras dos bois, e preguntou: —"Que lle pasa a xente que está toda chorando?" E contáronlle o caso que referiran os de Iabex.
6
En oíndoo, entrou en Xaúl o espírito de Deus e alporizouse.
7
Colleu a parella dos bois, tronzounos e mandou os anacos por todo Israel por mensaxeiros que pregoaban: —"Isto é o que se fará co gando dos que non saian á guerra, detrás de Xaúl e de Samuel". Un medo sagrado arrepiou a toda a xente, que saíu coma un só home.
8
Xaúl revistounos en Bézec: os de Israel eran trescentos mil, e trinta mil os de Xudá.
9
Entón dixéronlles ós mensaxeiros que viñeran de Iabex de Galaad: —"Anunciádelle á vosa xente: Mañá, ó quentar o sol, chegaravos a axuda". Marcharon os mensaxeiros e déronlles a nova ós de Iabex, que reloucaban.
10
Estes respondéronlles entón ós amonitas: —"Mañá entregarémonos a vós, e faredes connosco o que vos pareza".
11
O día seguinte, Xaúl dividiu o exército en tres corpos, que, á hora da garda da mañá, entraron no campamento amonita e estivérono batendo ata as horas da calor. Os que puideron fuxir, espalláronse para todos os lados, sen quedaren dous xuntos.
12
Entón a xente dicíalle a Samuel: —"Onde están os que preguntaban: Vai reinar Xaúl sobre nós? A velos, que os mataremos!"
13
Pero Xaúl respondeulles: —"Hoxe non morrerá ninguén, pois hoxe salvou o Señor a Israel".
14
Samuel díxolle ó pobo: —"Vaiamos a Guilgal, para inaugurar alí a realeza".
15
Fóronse todos a Guilgal e coroaron rei a Xaúl, alí, na presenza do Señor. Ofrecéronlle ó Señor sacrificios de comuñón, e Xaúl e os israelitas celebraron alí unha gran festa.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31