bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Samuel 20
1 Samuel 20
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 21 →
1
David fuxiu de Naiot de Ramah e foille dicir a Ionatán: —"Que é o que fixen e en que lle faltei a teu pai, para que queira matarme?"
2
Ionatán respondeulle: —"De ningunha maneira! Ti non morrerás. Sabes que meu pai non fai cousa ningunha, nin grande nin pequena, sen dicirmo a min. Por que me ía ocultar agora isto? Non é posible!"
3
Mais David insistiu: —"Teu pai sabe moi ben que eu che caín en graza e pensará: Que non saiba isto Ionatán para que non se entristeza. Pero, pola vida do Señor e pola túa vida, que estou a un paso da morte".
4
Ionatán díxolle a David: —"Que queres que faga por ti? Estou disposto a facelo".
5
David díxolle a Ionatán: —"Mañá é lúa nova e eu terei que sentarme a comer á mesa do rei. Déixame que marche e me esconda nas aforas, ata pasado mañá á tarde.
6
Se teu pai me bota de menos, ti diraslle: David pediume permiso para facer unha escapada á súa cidade de Belén, pois a súa familia celebra alí o sacrificio anual.
7
Se el che di que está ben, estou a salvo; pero, se se enfada, de seguro que ten decidido algo malo.
8
Ti móstrate bo co teu servo, pois vinculáchesme contigo por un pacto diante do Señor. Se atopas en min iniquidade, mátame ti mesmo. Para que esperar a levarme onda teu pai?"
9
Ionatán respondeulle: —"Líbreme Deus! Se chegase a saber que meu pai ten decidido o peor para ti, non cho ía dicir?"
10
David preguntoulle a Ionatán: —"E quen me informará, no caso de que teu pai che dea unha mala resposta?"
11
Ionatán díxolle a David: —"Ven, vamos fóra. E saíron os dous ó campo".
12
Ionatán díxolle a David: —"Polo Señor, Deus de Israel, que mañá, destas horas, xa darei sabido se meu pai está ou non de boas con David, e mandarei que che dean o recado.
13
E se non, que o Señor castigue a Ionatán. Se meu pai ten decidido o mal para ti, eu fareicho saber. Despedireite e iraste en paz. E que o Señor vaia contigo, como estivo con meu pai.
14
Se entón eu vivo aínda, mostra comigo a bondade do Señor; e se morrín,
15
non deixes nunca de ser bo coa miña familia. Cando borre o Señor da face da terra os inimigos de David,
16
que non sexa borrado da súa casa o nome de Ionatán. Que o Señor lles pida contas ós inimigos de David".
17
E Ionatán renovoulle a David o xuramento, polo amor que lle tiña, pois queríalle coma a si mesmo.
18
Despois díxolle Ionatán: —"Mañá é lúa nova e, ó ver baleiro o teu asento, botarante de menos.
19
Pasado mañá será aínda peor. Ti vai a onde te escondiches da outra vez e queda alí, onda a pedra de Ézel.
20
Eu dispararei tres frechas para ese lado, coma quen tira ó branco,
21
e logo mandarei o criado cara a ti, para que colla as frechas. Se lle digo ó criado: Mira que as frechas están para acó de ti: cólleas, entón ti podes vir; estás salvado; non pasa nada, pola vida do Señor.
22
Pero, se lle digo ó rapaz: Mira que as frechas están para alá de ti, entón vaite, pois é o Señor quen te manda.
23
Tocante á promesa que media entre nosoutros dous, o Señor estará para sempre entre nós".
24
David escondeuse na campía. Chegada a lúa nova, o rei púxose á mesa para comer.
25
O rei sentouse onda sempre na cadeira de onda a parede, Ionatán enfronte del e Abner á beira de Xaúl. O asento de David quedou baleiro.
26
Aquel día Xaúl non dixo nada, pois pensou: será casualidade. Quizais non está puro ou non puido purificarse.
27
O día seguinte, o segundo do mes, o asento de David seguía baleiro e Xaúl preguntoulle ó seu fillo Ionatán: —"Por que, nin onte nin hoxe, veu comer o fillo de Ixaí?"
28
Ionatán respondeulle: —"Pediume permiso apresurado para achegarse a Belén. Díxome:
29
Déixame ir, pois a familia celebra na cidade o sacrificio anual e os meus irmáns dixéronme que fose. Se merezo o teu favor, déixame que me chegue alí correndo, para visitar os meus irmáns. Por iso non está á mesa do rei".
30
Xaúl alporizouse e díxolle a Ionatán: —"Fillo de zorra, xa sabía eu que es amigo do fillo de Ixaí, para vergonza túa e para vergonza de túa nai.
31
Mentres o fillo de Ixaí siga con vida na terra, non estades seguros nin ti nin o teu reino. Agora manda que o traian onda min, pois merece a morte".
32
Ionatán respondeulle a seu pai: —"Por que ten que morrer? Que é o que fixo?"
33
Xaúl brandiu a lanza contra el para matalo e Ionatán comprendeu que seu pai tiña decidida a morte de David.
34
Ionatán ergueuse da mesa anoxado, sen probar bocado aquel día, o segundo do mes, aflixido porque seu pai aldraxara a David.
35
Pola mañá saíu ó campo cun rapaz pequeno canda el á hora que conviñera con David.
36
Ionatán díxolle ó criado: —"Corre coller as frechas que eu tire". O criado foi correndo e el tirou unha frecha, que pasou alén del.
37
O criado buscaba o sitio da frecha que tirara Ionatán, e este berroulle: —"Está aí, máis aló de ti".
38
E seguiulle berrando: —"Corre de présa; non te pares". O criado colleu a frecha e levoulla ó seu amo.
39
O criado non sospeitou cousa ningunha. Pero Ionatán e David puideron entenderse.
40
Ionatán deulle as súas armas ó criado e díxolle: —"Anda, lévaas á casa".
41
E o criado marchou. David ergueuse de tras da pedra e prostrouse tres veces polo chan. Despois abrazáronse, chorando os dous, sobre todo David.
42
Ionatán díxolle a David: —"Vaite en paz. E, conforme o xuramento que fixemos entre os dous, no nome do Señor, que o Señor estea entre nós e entre os nosos descendentes para sempre".
← Chapter 19
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 21 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31