bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 10
Deuteronomy 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 11 →
1
Naquela ocasión díxome o Señor: Corta dúas lousas de pedra, coma as primeiras, e sube a xunto de min á montaña, e fai tamén unha arca de madeira:
2
Eu vou escribir sobre as lousas os mandamentos que había sobre as lousas primeiras que ti rompiches, e logo halas pór na arca.
3
Entón eu fixen unha arca de madeira de acacia, cortei dúas lousas de pedra, coma as primeiras, e subín á montaña coas dúas lousas na miña man.
4
El escribiu nas lousas, coa mesma escritura da primeira vez, os dez mandamentos que vos dera o Señor na montaña, desde o medio do lume o día da asemblea, e entregoume as lousas a min.
5
Logo dei volta e baixei da montaña; puxen as lousas na arca que fixera, e quedaron alí, tal como o Señor mo mandara.
6
Os israelitas marcharon dos pozos de Bene-Iacán ata Moserah. Alí morreu Aharón e alí foi enterrado, e o seu fillo Elazar sucedeuno no cargo de sacerdote.
7
Desde alí marcharon ata Gudgódah, e de Gudgódah ata Iotbátah, terra de regueiros de auga.
8
Naquela ocasión escolleu o Señor a tribo de Leví para que levase a Arca da Alianza do Señor, para que se mantivese na presenza do Señor dándolle culto e bendicindo no seu nome tal como fai aínda hoxe.
9
Por isto, Leví non ten herdanza nin parte coma os seus irmáns. A súa herdanza é o Señor, tal como llo dixo o Señor, o teu Deus.
10
Entón eu quedei na montaña, o mesmo cá primeira vez, durante corenta días e corenta noites, e tamén esta vez me fixo caso o Señor. O Señor non quixo destruírte,
11
senón que me dixo: Levántate, e vai diante do pobo darlle o sinal de saída, para que entren a tomar posesión do país, que xurei darlles ós vosos pais.
12
E agora Israel que é o que o Señor, o teu Deus, che pide? Tan só que respectes o Señor, o teu Deus, que camiñes por todos os seus vieiros, que o ames e que sirvas o Señor, o teu Deus, con todas as túas intencións e con todos os teus folgos,
13
que gardes os mandamentos do Señor e os seus preceptos, que eu che mando para o teu ben.
14
Si, do Señor, o teu Deus, son os ceos e o máis esplendoroso dos ceos, a terra e todo o que hai nela;
15
pero soamente de teus pais se namorou o Señor, e escolleuvos a vós, a súa descendencia, de entre todos os pobos, tal como se ve hoxe.
16
Circuncidade os prepucios dos vosos corazóns e non volvades endurecer a vosa cabeza,
17
pois o Señor, o teu Deus, é Deus dos deuses, Señor dos señores, o Deus grande, poderoso e temible; é imparcial e non acepta o suborno;
18
El é quen lles fai xustiza ao orfo e á viúva, e quen ama ao emigrante dándolle pan e vestido.
19
Amaredes o emigrante, xa que fostes emigrantes no país de Exipto.
20
O Señor o teu Deus, respectarás, a El servirás e a El has de te apegar e prestar xuramento no seu nome.
21
El será a túa loanza, El será o teu Deus, que fixo por ti esas grandes e terribles cousas que viron os teus ollos.
22
Setenta persoas eran os teus devanceiros cando baixaron a Exipto, pero agora o Señor, o teu Deus, volveute tan numeroso coma as estrelas do ceo.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34