bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 26
Deuteronomy 26
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 27 →
1
Cando entres no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar en herdanza e tomes posesión del e vivas xa alí,
2
has de coller parte das primicias de todos os froitos do campo que recollerás da terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar. Poralas nunha cesta, e irás ao santuario que o Señor, o teu Deus, escolla para morar alí o seu Nome.
3
Irás onda o sacerdote que estea de servizo aqueles días e diraslle: Declárolle hoxe ao Señor, o meu Deus, que xa entrei no país que o Señor lles prometeu con xuramentos a nosos pais dárnolo a nós.
4
O sacerdote collerá a cesta da túa man e poraa diante do altar do Señor, o teu Deus.
5
Entón ti tomarás a palabra e dirás diante do Señor, o teu Deus: Meu pai era un arameo errante, que baixou a Exipto, onde residiu como emigrante con pouquiña xente, que o acompañaba. Alí converteuse nun pobo grande, poderoso e numeroso.
6
Pero os exipcios maltratáronnos, oprimíronnos e impuxéronnos cruel servidume.
7
Entón chamamos polo Señor, Deus de nosos pais, e o Señor escoitou o noso clamor e viu a nosa opresión e o noso duro traballo.
8
Logo o Señor fíxonos saír de Exipto con man forte e brazo estendido, con grande terror, con sinais e con feitos marabillosos,
9
e fíxonos entrar neste santuario e entregounos esta terra, terra que deita leite e mel.
10
Por isto, velaí que agora eu trouxen as primicias dos froitos da terra que ti me deches, Señor. Poralas na presenza do Señor, o teu Deus, prostraraste na presenza do Señor, o teu Deus,
11
e farás festa por todo o ben que che concedeu o Señor, o teu Deus, ti e mais o levita e o emigrante que vive contigo.
12
Cando remates de repartir todo o décimo das túas colleitas, no ano terceiro, isto é, o ano do décimo, e llo teñas xa dado ao levita, ao emigrante, ao orfo e mais á viúva, para que coman nas túas cidades ata se fartaren,
13
entón dirás na presenza do Señor, o teu Deus: Xa retirei da miña casa o que tiña que consagrar e xa llelo dei ao levita, ao emigrante, ao orfo e mais á viúva, todo conforme o mandamento que ti me mandaches; non quebrantei o teu precepto nin o esquecín.
14
Non o comín estando en dó ritual nin o separei estando impuro nin llo ofrendei a Mot. Fíxenlle caso á voz do Señor, o meu Deus, e comporteime en todo tal como ti mo mandaches.
15
Mira, pois, desde a túa santa morada, desde o ceo, e bendí o teu pobo, a Israel, e a terra de cultivo que nos deches, tal como llelo xuraches a nosos pais, unha terra que deita leite e mel.
16
Hoxe o Señor, o teu Deus, mándache pór en obra estes preceptos e decretos. Gárdaos e ponos en obra con todo o teu corazón e con toda a túa ilusión.
17
Ti hoxe fixécheslle dicir ao Señor que El sería o teu Deus e que ti camiñarías polos seus vieiros, que gardarías os seus preceptos, os seus mandamentos e os seus decretos e que escoitarías a súa voz.
18
E hoxe o Señor fíxoche dicir a ti que serías o pobo da súa persoal propiedade tal como cho prometera e que gardarías os seus mandamentos,
19
e que El te convertería en gloria, en renome e en esplendor no máis grande de todos os pobos que El creou e que serías o pobo consagrado ao Señor, o teu Deus tal como cho dixo".
← Chapter 25
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 27 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34