bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 18
Deuteronomy 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 19 →
1
Os sacerdotes levitas, toda a tribo de Leví, non terán parte nin herdanza con Israel; comerán as ofrendas feitas en honor do Señor, isto é, a parte que é do Señor.
2
A tribo de Leví non terá herdanza no medio dos seus irmáns: o Señor será a súa herdanza, tal como llo prometeu.
3
Estes serán os dereitos dos sacerdotes sobre aqueles do pobo que inmolan en sacrificio un touro ou un año: daráselle ao sacerdote a pa, as queixadas e o estómago.
4
Has de lle da as primicias do teu trigo, do teu mosto e do teu aceite, e mais as primicias da rapa do teu rabaño,
5
pois escolleuno o Señor, o teu Deus, entre todas as túas tribos, para estar servindo todos os días o Nome do Señor, el e mais os seus fillos.
6
Se vén un levita dunha das túas cidades, de calquera parte de Israel, onde el habita, e se chega con todo o apetito da súa gorxa ao santuario que o Señor escolla,
7
pode entrar en servizo ao Nome do Señor, seu Deus, o mesmo ca calquera dos seus irmáns, os levitas que están alí na presenza do Señor.
8
Comerán a partes iguais, a non ser que sexa un dos levitas que xa vendeu a súa parte ós que a precisan.
9
Cando entres no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar, non aprenderás a comportarte conforme as abominacións deses pobos.
10
Non se atopará en ti quen faga pasar o seu fillo e á súa filla polo lume, quen prediga adiviñacións, quen faga encantamentos, quen lea as sortes nos astros, quen se dea á bruxería,
11
encantadores de feitizos, quen faga preguntas ao espírito dos mortos e ao que ten o espírito adiviño dos mortos, quen consulte ós mortos.
12
Xa que todo aquel que practique estas cousas é unha abominación para o Señor, e por mor destas abominacións o Señor, o teu Deus, vai privar a esas nacións da súa herdanza, soamente coa túa presenza.
13
Apégate completamente ao Señor, o teu Deus.
14
Aínda que estes pobos, dos que vas tomar posesión, fagan caso dos encantadores e dos adiviños, a ti o Señor, o teu Deus, non che permite obrar deste xeito.
15
A un profeta coma min farao xurdir o Señor, o teu Deus, no medio de ti, de entre os teus irmáns. Facédelle caso,
16
tal como llo pediches ao Señor, o teu Deus, no Horeb o día de asemblea, dicindo: Non quero seguir escoitando a voz do Señor, meu Deus, nin ver máis esta grande labarada, para non morrer.
17
E entón o Señor díxome: Fixeron ben en dicir isto.
18
Fareilles xurdir un profeta coma ti do medio de seus irmáns e porei as miñas palabras na súa boca e falaralles todo o que eu lle mande,
19
e a aquel que non lles faga caso ás miñas palabras, as que o profeta anuncie no meu Nome, eu pedireille contas.
20
Pero o tal profeta, se ten o atrevemento de dicir no meu Nome cousas que eu non lle mandei dicir e fala no nome de deuses alleos, entón morrerá ese profeta.
21
Certo que podes pensar no teu interior: Como podemos distinguir a palabra que nos dixo o Señor, se o profeta a di no Nome do Señor?
22
Cando esta palabra non aconteza nin se cumpra esa palabra, é que non a dixo o Señor: o profeta falou por soberbia; non lle teñas medo.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34