bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Deuteronomy 15
Deuteronomy 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 16 →
1
O cabo de sete anos farás a remisión das túas débedas.
2
Esta é a lei da remisión: todo posuidor de máis do seu lote de terra ha de soltar a súa posesión xa que ocupou a do seu próximo. Non apremará o seu próximo nin o seu irmán, xa que foi proclamada a remisión de parte do Señor.
3
Podes apremar o estranxeiro; pero a facenda de teu irmán soltarala da túa posesión.
4
Asi que dentro de ti non haberá pobres, pois o Señor hate bendicir abundantemente no país que o Señor, o teu Deus, che vai dar para o posuíres en herdanza,
5
coa única condición de que lle fagas caso á voz do Señor, o teu Deus, estando atento a cumprir todo este mandamento que eu che mando hoxe.
6
Si, o Señor, o teu Deus, bendicirate tal como cho prometeu, e prestaraslles con intereses a pobos numerosos, pero ti non pedirás prestado; mandarás en pobos numerosos, pero en ti non mandarán.
7
Se hai en ti algún pobre entre algún dos teus irmáns nalgunha das portas das cidades do teu país, que o Señor, o teu Deus, che vai dar, non endurezas o teu corazón nin peches a túa man, prescindindo do teu irmán que é pobre.
8
Abrelle a túa man cumpridamente e préstalle a crédito todo o que el precise, pois pode ter falta diso.
9
Gárdate ben de que haxa no teu corazón palabra do que non aproveita pensando: está cerca o ano sétimo, o ano da remisión das débedas, e de que así o teu ollo sexa avarento con teu irmán, que é pobre, e de non lle dares nada, pois clamará ao Señor contra ti e iso será un pecado para ti.
10
Dálle abundantemente, e que a túa intención non sexa avarenta ao dáreslle, pois por mor deste feito hate bendicir o Señor, o teu Deus, en todas as túas obras e en todas as túas empresas.
11
Olla que nunca faltará o pobre no medio do país. Por isto, eu mándoche: Ábrelle cumpridamente a túa man a teu irmán, ao teu oprimido e ao teu pobre, no teu país.
12
Se teu irmán, sexa hebreo ou hebrea, se vende a ti, hate servir durante seis anos, pero no ano sétimo mandaralo marchar libre de onda ti,
13
e cando o deixes marchar libre de onda ti, non o mandes marchar sen nada,
14
cárgao abundantemente con crías do teu rabaño, con froitos da túa eira e do teu lagar. Dálle daquilo co que o Señor, o teu Deus, te bendiciu.
15
Lémbrate de que fuches servo no país de Exipto e de que te redimiu o Señor, o teu Deus. Por isto mándoche hoxe este precepto.
16
Pero pode suceder que che diga: Non quero saír de onda ti, pois tenche amor a ti e á túa casa, porque está feliz contigo.
17
Entón collerás o punzón e furaraslle a orella contra o batente da túa porta, e será para ti servo, para sempre; e tamén farás o mesmo coa serva.
18
Non lle resulte duro á túa cobiza o deixalo marchar libre de xunto a ti, pois serviute polo dobre do xornal dun xornaleiro durante seis anos, e o Señor, o teu Deus, hate bendicir en todo o que fagas.
19
Todo primoxénito macho que naza no teu gando e no teu rabaño, consagraralo ao Señor, o teu Deus. Non traballarás co primoxénito da túa vaca nin raparás o primoxénito das túas ovellas.
20
Na presenza do Señor, o teu Deus, has comelo ano tras ano, ti e mais a túa casa, no santuario que o Señor escolla.
21
Pero se hai algún defecto nel, coxo ou cego, ou calquera outro defecto malo, non llo ofrecerás en sacrificio ao Señor, o teu Deus.
22
Comerano dentro das portas da túa cidade tanto quen está puro coma quen está impuro, comerano xuntos, o mesmo que se fose unha gacela ou un cervo.
23
Soamente o seu sangue non o comerás, verteralo na terra como se fose auga.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 28
Chapter 29
Chapter 30
Chapter 31
Chapter 32
Chapter 33
Chapter 34
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34